

Proxecto da Concellería de Promoción Económica e Emprego do Concello de Ferrol, cofinanciado polo Fondo Social Europeo nun 80%.
O proxecto está enmarcado na Convocatoria 2007 de axudas do Fondo Social Europeo durante o período de intervención 2007-2013, axudas dirixidas a mellorar a calidade de vida, contribuír á creación de emprego, ao desenvolvemento económico e a á cohesión económica e social do ámbito local, de conformidade coas estratexias e políticas de emprego e solidariedade que marca a Unión Europea.
Obxectivos e finalidade:
“Ferrol punto de emprego”, xestionado polo Concello de Ferrol, contempla diferentes accións que teñen como ámbito de actuación itinerarios integrados de inserción laboral, dirixidos:
- A ofrecer aos demandantes de emprego unha oportunidade de práctica profesional acompañada da formación específica axeitada para a prestación de servizos de atención a persoas con especiais necesidades como nenos, anciáns, enfermos, persoas con discapacidade, etc.
- A ofrecer aos demandantes de emprego con especiais dificultades para a súa inserción no mercado de traballo (mulleres, menores de 30 anos, maiores de 45 anos, parados de longa duración, etc), unha oportunidade de práctica profesional acompañada da formación específica axeitada.
O obxectivo central do proxecto é mellorar as posibilidades de emprego dos colectivos beneficiarios.
Beneficiarios-as:
Os destinatarios das actividades deste proxecto son desempregados, inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, preferentemente empadroados no Concello de Ferrol. O equipo técnico do proxecto seleccionará ás persoas participantes.
Ámbitos de actuación:
Os itinerarios de inserción laboral contemplan os seguintes módulos:
-Módulo de formación específica
-Módulo de formación complementaria ou transversal
-Módulo de práctica profesional titorizada (en empresas)
Estes módulos compleméntanse con titorías individualizadas durante todo o itinerario de inserción e orientación para a mellora da empregabilidade dos participantes no proxecto. Durante todo o proceso os beneficiarios disporán dun seguimento personalizado por parte dos técnicos do proxecto.
Prácticas en empresas:
O módulo de práctica profesional titorizada realizarase nun entorno laboral real, sen que en ningún caso supoña unha relación contractual laboral coa empresa.
Bolsas:
O Concello ten previsto a concesión de bolsas aos desempregados participantes nos itinerarios de inserción laboral. Na concesión das bolsas deberán respectarse as disposicións en materia de compatibilidade con outras axudas ou prestacións a desempregados.
Itinerarios de inserción laboral – Accións formativas (2009-2011):
|
Acción formativa |
Número de horas |
Data prevista de inicio |
Preinscrición |
| Monitor actividades ocio e tempo libre para a infancia |
315 |
02-02-2009 |
Pechada |
| Limpeza de inmobles (I) |
215 |
02-02-2009 |
Pechada |
| Auxiliar de hostalería |
275 |
23-02-2009 |
Pechada |
| Coidador Sociosanitario de Persoas Dependentes |
440 |
Xullo 2009 |
Pechada |
| Instalador de Sistemas de enerxía solar e térmica |
710 |
28-09-2009 |
Pechada |
| Xerocultor/a especializado/a en Actividades Rehabilitadoras |
200 |
Xaneiro 2010 |
Pechada |
| Xerocultor/a especializado/a en Alzheimer e coidados paliativos |
565
|
Sen confirmar |
Pendente de apertura |
| Xerocultor especializado en actividades de ocio e tempo libre |
240
|
Sen confirmar |
ABERTO |
Asistente Persoal
|
440 |
Sen confirmar |
Pendente de apertura |
Xestor de casos
|
290 |
Sen confirmar |
Pechada |
| Xardinería |
595 |
Sen confirmar |
Pechada |
| Limpeza de inmobles (2) |
215 |
Sen confirmar |
ABERTO |
| Condutor de camións |
435 |
Sen confirmar |
Pendente de apertura |
| |
|
|
|
Información:
Teléfono: 981944195
Fax: 981945058
Centro de Emprego del Ayuntamiento de Ferrol
C/ Sagrada Familia, 56 15405 Ferrol
tutorfse@ferrol.es
direccionfse@ferrol.es
Descargar folleto