|
Apertura das datas de inscrición no curso Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
Luns, 12 de febreiro de 2024
Do 12 ao 16 de febreiro de 2024, ambos inclusive
O Concello de Ferrol é beneficiario dunha subvención da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para a realización de accións formativas dirixidas ás persoas desempregadas.
Dentro destas accións formativas esta previsto o inicio do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (468 horas) o 26 de febreiro de 2024, cunha finalización o 15 de xullo de 2024, en horario de mañá de 9:00 a 14:00.
As persoas interesadas en participar deberán constar como desempregadas e estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) Xunta de Galicia, e será necesaria a titulación de acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 2 (ESO ou equivalente, ou as competencias clave de nivel 2).
O prazo de inscrición vai do luns 12 de febreiro ata o venres 16 de febreiro de 2024 (ambos inclusive) e se poderá facer no propio centro de emprego ou a través do correo electrónico (emprego@ferrol.es), descargando o formulario (DESCARGAR).
Máis información http://www.ferrol.es/emprego 981944195 emprego@ferrol.es
|
|