APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN AO CURSO DE COMUNICACIÓN EN LINGUA CASTELÁ NIVEL 2

Martes, 28 de novembro de 2023
O Concello de Ferrol a través do Centro de Emprego, comezará o día 15 de xaneiro de 2024 o curso de competencias clave: Comunicación en lingua castelá nivel 2, até o 21 de febreiro de 2024, en horario de 9 a 14 horas e cunha duración total de 138 horas.

As persoas interesadas, que deberán estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) Xunta de Galicia, poderán inscribirse no Centro de Emprego presencialmente ou a través do correo electrónico (emprego@ferrol.es). Terán preferencia as persoas en situación de desemprego.

Formará parte do proceso de selección das persoas candidatas a realización dunha proba escrita e dunha entrevista persoal.

Esta formación está cofinanciada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, e polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Este curso de Comunicación en lingua castelá nivel 2 terá continuidade coa convocatoria de Comunicación en lingua galega de niveis 2.

Estes cursos de Competencias Clave diríxense a persoas que carecen da formación en ESO ou equivalente, e a súa superación permítelles acceder aos cursos de formación ocupacional para persoas desempregadas con certificado de profesionalidade de nivel 2, que representan a maior parte da oferta formativa

Documentación a presentar: 
  • Ficha de inscrición do curso (Descargar ou recoller no Centro de Emprego) 
  • Copia DNI/NIE 
  • Currículum Vitae


Máis información e inscricións:
http://www.ferrol.es/emprego
981944195
emprego@ferrol.es



Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego