CURSO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS.

Venres, 24 de febreiro de 2023
O Concello de Ferrol comezará este curso o 20 de marzo de 2023

Esta curso comezará o 20 de marzo de 2023 en horario de mañá de 09,00 a 14,00 e terá unha duración de 468 horas, ata o 8 de agosto de 2023. Esta dirixido a un total de 15 persoas e se desenvolverá nas instalacións do Centro de Emprego do Concello de Ferrol, contando cun módulo de prácticas en empresa.

As persoas interesadas, que deberán constar como desempregadas e estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) da Xunta de Galicia, poderán inscribirse no Centro de Emprego presencialmente ou a través do correo electrónico (emprego@ferrol.es), no prazo:
• Do 27/02/2023 ata o 08/03/2023 (ambos inclusive).

Formará parte do proceso de selección das persoas candidatas a realización dunha proba escrita e dunha entrevista persoal.

Esta formación está cofinanciada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, e polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

O curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais ten certificado de profesionalidade de nivel 2, polo que para o acceso a este é necesario contar coa titulación de ESO ou equivalente, as competencias clave de nivel 2, ou estar en posesión de certificado de profesionalidade de nivel 1 na mesma familia profesional.

Superar esta formación permite traballar en centros de día, residencias de persoas maiores, residencias de persoas con discapacidades, e outros equipamentos similares.

Documentación a presentar:
• Ficha de inscrición do curso (Descargar ou recoller no Centro de Emprego)
• Copia DNI/NIE
• Copia Tarxeta demandante de emprego
• Curriculum Vitae
• Copia titulación requirida de acceso Nivel 2

Máis información e inscricións: 
http://www.ferrol.es/emprego
981944195
emprego@ferrol.es


Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego