APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN AO CURSO DE COMUNICACIÓN EN LINGUA CASTELÁ N2

Luns, 9 de xaneiro de 2023
Concello de Ferrol a través do Centro de Emprego, comezará o día 30 de xaneiro de 2023 o curso Comunicación en Lingua Castelá nivel 2, até o 10 de marzo de 2023, en horario de 9 a 14 horas e cunha duración total de 138 horas.

As persoas interesadas, que deberán constar como desempregadas e estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) Xunta de Galicia, poderán inscribirse no Centro de Emprego presencialmente ou a través do correo electrónico (emprego@ferrol.es), no prazo do 11/01/2023 até o 20/01/2023 (ambos inclusive).

Formará parte do proceso de selección das persoas candidatas a realización dunha proba escrita e dunha entrevista persoal.

Esta formación está cofinanciada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, e polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Este curso de Comunicación en Lingua Castelá nivel 2 terá continuidade coa convocatoria de Comunicación en lingua galega de nivel 2.

Estes cursos de Competencias Clave diríxense a persoas en situación de desemprego que carecen da formación en ESO ou equivalente, e a súa superación permítelles acceder aos cursos de formación ocupacional para persoas desempregadas con certificado de profesionalidade de nivel 2, que representan a maior parte da oferta formativa

Documentación a presentar:
• Ficha de inscrición do curso (Descargar ou recoller no Centro de Emprego)
• Copia DNI/NIE
• Copia Tarxeta demandante de emprego
• Currículum Vitae





Máis información e inscricións:
http://www.ferrol.es/emprego
981944195
emprego@ferrol.es


Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego