O Concello de Ferrol comezará en breve o Programa Integrado de Emprego do Concello de Ferrol 2022/23.

Venres, 25 de novembro de 2022
Este proxecto conta cunha subvención da Consellería de Fomento do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, e do Servizo Público de Emprego Estatal, dependente do Ministerio de Trabajo y Economía Social.

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Ferrol esta previsto que teña un total de 100 persoas participantes e desenvolverase ata o mes de novembro de 2023.
Para participar é necesario estar en situación de desemprego, inscrito como tal no servizo público de emprego de Galicia, co enderezo no concello de Ferrol, e pertencer a algún dos seguintes colectivos:
  • Persoas desempregadas con discapacidade
  • Persoas desempregadas en risco de exclusión social e as persoas beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia
  • Mulleres desempregadas que acrediten a condición de vítimas de violencia de xénero
  • Persoas menores de 30 anos desempregadas con baixa cualificación
  • Persoas menores de 30 anos desempregadas cualificadas
  • Persoas desempregadas maiores de 45 anos
  • Persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción (RAI)
  • Mulleres desempregadas
  • Persoas desempregadas inmigrantes

Co obxectivo da inserción laboral das persoas participantes desenvolveranse, entre outras accións, as seguintes: Información, orientación e asesoramento; formación; técnicas de coaching, intelixencia emocional, e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea; habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista; fomento da capacidade emprendedora; prospección empresarial; emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes; prácticas profesionais non laborais en empresas; e obradoiros sobre mobilidade laboral.
Está contemplada a realización dos seguintes itinerarios formativos:
  • Itinerario 1: Xestión loxística e de almacén.
  • Itinerario 2: Dependente de establecementos comerciais.
  • Itinerario 3: Técnicas de limpeza.
  • Itinerario 4: Auxiliar de reposición e caixa.
  • Itinerario 5: Comercialización e venda de produtos da pesca.
  • Itinerario 6: Actividades básicas de hostalaría
  • Itinerario 7: Actividades de apoio á industria e á construción

O obxectivo de inserción laboral previsto das persoas que participen no programa integrado, será do 41%
O Programa integrado de emprego do Concello de Ferrol 2022-2023 establece o pagamento dunha bolsa consistente en 7 euros por día de asistencia ás accións do programa, tendo en conta que o concepto de asistencia supón presencia física da persoa beneficiaria.
Se levarán a cabo medidas que faciliten a conciliación da vida persoal, laboral, formativa e familiar adaptando, na medida do posible, os horarios das accións formativas á situación daqueles participantes con dificultades para acudir e ofrecendo a posibilidade de impartir algunha da formación on-line, a distancia ou mediante un sistema mixto, e creación de un banco de tempo.


Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego