|
Segunda edición do curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais - 2022
Mércores, 26 de xaneiro de 2022
O Concello de Ferrol a través do Centro de Emprego, comezará o 14 de febreiro de 2022 a segunda edición do curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, en horario de tarde de 14,30 a 19,30 e cunha duración de 468 horas, ata o 30 de xuño de 2022.
As persoas interesadas, que deberán constar como desempregadas e estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) da Xunta de Galicia, poderán inscribirse no Centro de Emprego presencialmente ou a través do correo electrónico (emprego@ferrol.es), no prazo: • Do 27/01/2022 ata o 07/02/2022 (ambos inclusive).
Formará parte do proceso de selección das persoas candidatas a realización dunha proba escrita e dunha entrevista persoal.
Esta formación está cofinanciada pola Consellería de Emprego e Igualdade, polo Ministerio de Traballo, e Economía Social, e polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.
O curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais ten certificado de profesionalidade de nivel 2, polo que para o acceso a este é necesario contar coa titulación de ESO ou equivalente, as competencias clave de nivel 2, ou estar en posesión de certificado de profesionalidade de nivel 1 na mesma familia profesional. Superar esta formación permite traballar en centros de día, residencias de persoas maiores, residencias de persoas con discapacidades, e outros equipamentos similares.
Documentación a presentar: • Ficha de inscrición do curso (Descargar ou recoller no Centro de Emprego) • Copia DNI/NIE • Copia Tarxeta demandante de emprego • Curriculum Vitae • Copia titulación requirida de acceso Nivel 2
Máis información e inscricións: http://www.ferrol.es/emprego 981944195 emprego@ferrol.es
|
|