|
Curso de Comunicación en Lingua Castelá Nivel 2. Edición 2022
Martes, 25 de xaneiro de 2022
O prazo estará aberto entre o 26/01/2022 ata o 31/01/2022 (ambos inclusive).
O Concello de Ferrol a través do Centro de Emprego, comezará o día 7 de febreiro de 2022 o curso comunicación en Lingua Castelá nivel 2, ata o 16 de marzo de 2022, en horario de 9 a 14 horas e cunha duración total de 138 horas
As persoas interesadas, que deberán constar como desempregadas e estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) Xunta de Galicia, poderán inscribirse no Centro de Emprego presencialmente ou a través do correo electrónico (emprego@ferrol.es), no prazo do 26/01/2022 ata o 31/01/2022 (ambos inclusive).
Formará parte do proceso de selección das persoas candidatas a realización dunha proba escrita e dunha entrevista persoal.
Esta formación está cofinanciada pola Consellería de Emprego e Igualdade, polo Ministerio de Traballo, e Economía Social, e polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.
Este curso de Comunicación en lingua castelá nivel 2 terá continuidade coa convocatoria de Comunicación en lingua galega nivel 2. Estes cursos de Competencias Clave diríxense a persoas en situación de desemprego que carecen da formación en ESO ou equivalente, e a súa superación permítelles acceder aos cursos de formación ocupacional para persoas desempregadas con certificado de profesionalidade de nivel 2, que representan a maior parte da oferta formativa
Documentación a presentar: • Ficha de inscrición do curso (Descargar ou recoller no Centro de Emprego) • Copia DNI/NIE • Copia Tarxeta demandante de emprego • Curriculum Vitae
Máis información e inscricións: http://www.ferrol.es/emprego 981944195 emprego@ferrol.es
|
|