O Concello de Ferrol comezará en breve o Programa Integrado de Emprego do Concello de Ferrol 2021-2022.

Venres, 3 de decembro de 2021
Este proxecto conta cunha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, e do Servizo Público de Emprego Estatal, dependente do Ministerio de Trabajo y Economía Social.

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Ferrol esta previsto que teña un total de 100 persoas participantes e desenvolverase ata o mes de novembro de 2022.

Para participar é necesario estar en situación de desemprego, inscrito como tal no servizo público de emprego de Galicia, e pertencer a algún dos seguintes colectivos:
- Persoas con discapacidade,
- Beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia e persoas en risco de exclusión social,
- Mulleres coa condición de vítimas de violencia de xénero,
- Menores de 30,
- Maiores de 45 anos,
- Perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción,
- Mulleres,
- Persoas desempregadas de longa duración,
- Persoas inmigrantes.

Co obxectivo da inserción laboral das persoas participantes desenvolveranse, entre outras accións, as seguintes: Información, orientación e asesoramento; formación para o emprego e formación transversal; técnicas de coaching, intelixencia emocional, e técnicas de motivación para a busca de emprego tanto por conta propia como allea; habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista; fomento da capacidade emprendedora; prospección empresarial; emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes; prácticas profesionais non laborais en empresas; e obradoiros sobre mobilidade laboral.

Está contemplada a realización dos seguintes itinerarios formativos:
- Itinerario 1: Almacén
- Itinerario 2: Comercio
- Itinerario 3: Carne
- Itinerario 4: Limpeza-camareira
- Itinerario 5: Caixa, reposición e panadería

O obxectivo de inserción laboral previsto das persoas que participen no programa integrado, será do 40%

O Programa integrado de emprego do Concello de Ferrol 2021-2022 establece o pagamento dunha bolsa consistente en 7 euros por día de asistencia ás accións do programa, tendo en conta que o concepto de asistencia supón presencia física da persoa beneficiaria.

Se levarán a cabo medidas que faciliten a conciliación da vida persoal, laboral, formativa e familiar adaptando, na medida do posible, os horarios das accións formativas á situación daqueles participantes con dificultades para acudir e ofrecendo a posibilidade de impartir algunha da formación on-line ou mediante un sistema mixto, e creación de un banco de tempo.


Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego