Foi este un proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo, no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil. As persoas participantes -15 por cada un dos 5 itinerarios, 75 prazas en total, formáronse en sectores estratéxicos cunha alta demanda no mercado laboral:
- Persoal experto en Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio (680 horas)
- Auxiliar de cociña e restauración (605 horas)
- Especialista en preparación e venda de produtos cárnicos frescos (565 horas)
- Especialista en preparación e venda de peixes frescos (555 horas)
- Auxiliar de comercio, almacén e loxística (590 horas)
Os itinerarios formativos contaron coa seguinte formación transversal:
- Inglés específico por sectores de actividade.
- Manipulación de alimentos.
- Prevención de riscos laborais (básico e específico por sector de actividade).
- Formación para a igualdade.
- Novas tecnoloxías.
- Alerxias e intolerancias alimentarias.
- Manexo e resolución de conflitos.
Desde o pasado mes de setembro desenvolvéronse as prácticas profesionais non laborais: de 120 a 255 horas, coa colaboración de máis de 40 centros de traballo radicados na comarca de Ferrol, nas que tomaron parte un total de 49 participantes en sectores como: alimentación (carnizaría, peixaría e reposición), téxtil, electrónica de consumo, xoguetes, deportes, cooperativas (agrotendas e supermercados), grandes superficies, construción, decoración, paquetería, restaurantes e atención á dependencia.
Simultaneamente, realizouse a labor de intermediación laboral por parte do equipo do proxecto axustando as candidaturas ás características solicitadas polas empresas.
Como resultado, podemos falar de niveis de inserción que superan o 60% (31 persoas das 46 que finalizaron os itinerarios formativos traballan ou traballaron no período , e con boas perspectivas de cara ao futuro.
