Pechado o prazo de solicitude do curso AFD de "Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais.

Mércores, 6 de febreiro de 2019
Este curso, financiado pola Xunta de Galicia, terá unha duración de 448 horas.

O curso de Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais, é un curso con certificado de profesionalidade de nivel 1, esta dirixido a un total de 15 persoas, que deberán atoparse en situación de desemprego, e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, non ten outros requirimentos de acceso.

Desenvolverase en horario de 9.00 a 14.00h entre os meses de febreiro e xullo de 2019, e terá un módulo de práctica profesional en empresa.

As persoas interesadas deberán cursar unha solicitude, e presentala no Centro de Emprego, con data límite o 15/02/2019 antes das 14.00h, coa seguinte documentación:

  • Solicitude (DESCARGAR)
  • Copia DNI/NIE
  • Copia tarxeta demandante de emprego
  • Curriculum Vitae actualizado
  • Certificado ou volante de empadronamento.

Este curso capacita, ás persoas que o superen, para distribuír, reproducir e transmitir a información e documentación requiridas nas tarefas administrativas e de xestión, internas e externas, así como realizar trámites elementais de verificación de datos e documentos a requirimento de técnicos de nivel superior con eficacia, de acordo con instrucións ou procedementos establecidos.
Este profesional desenvolve a súa actividade por conta allea, en calquera empresa ou entidade do sector privado ou público, principalmente en oficinas, despachos ou departamentos de administración ou servizos xerais. Está presente en todos os sectores produtivos, así como na Administración Pública, destacando polo seu alto grao de transectorialidade.

AFD



Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego