Este xoves 28 de xuño impartirase un curso de manipulador de alimentos, ao abeiro do Programa Integrado para o Emprego “Ferrol Inserta”

Mércores, 27 de xuño de 2012
Realizarase no Centro de Emprego do Concello de Ferrol a partir das 16,30 horas

O próximo xoves 28 de xuño en horario de 16:30 a 19:30 terá lugar o desenvolvemento da acción formativa “Hixiene e manipulación de Alimentos” de 3 horas de duración, no Centro de Emprego.
Este curso se enmarca dentro do Programa Integrado para o Emprego "Ferrol Inserta", dentro da súa oferta de formación transversal e complementaria.
Os bloques temáticos que contempla esta acción formativa son os seguintes:
  • Introdución
  • Perigos e riscos nos alimentos
  • Identificación de perigos nos alimentos
  • Principais enfermidades transmitidas nos alimentos
  • Prácticas correctas de hixiene e manipulación
As persoas integrantes deste curso, ao igual que todas as participantes no “Ferrol Inserta”, teñen un seguimento personalizado a través dun dobre sistema de titorías: colectivas e individuais, de xeito que o seu seguimento é continuo ao longo do programa.

O Programa Integrado para o Emprego "Ferrol Inserta" se realiza coa coa colaboración da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, e esta dirixido á colocación no mercado de traballo de persoas desempregadas, a través da combinación de accións de orientación e información laboral, asesoramento para o autoemprego, formación ocupacional e práctica laboral. Ten un total de 100 participantes, que foron seleccionados de entre case 500 candidaturas remitidas polo Servizo Público de Emprego.

O carácter experimental e innovador deste programa consiste na busca de diferentes alternativas para a inserción laboral integral destas persoas a través do deseño personalizado dun plan adaptado ás necesidades de cada persoa participante.

Este programa desenvolvese como un plan integral de emprego no que se implementan accións de diversa natureza, entre as cales, e ao mesmo tempo que a formación, se están desenvolvendo actividades de orientación e apoio para a inserción, dun xeito individualizado ás persoas beneficiarias.

Programas Integrados



Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego