O día 11 de abril comezou o itinerario de inserción socio-laboral “Coidados de persoas discapacitadas físicas e psíquicas” cunha duración total de 295 horas, esta acción formativa desenvolverase ata o mes de xullo. O itinerario contempla un módulo de formación específica (110 horas), un módulo de práctica profesional titorizada en empresas (150 horas) e módulos de formación transversal (35 horas) e titorías individuais e grupais durante todo o itinerario integrado de inserción laboral.
As quince alumnas participantes neste itinerario realizan as 150 horas de práctica profesional na Residencia de persoas maiores de Laraxe (Grupo Geriatros) e no Centro de Atención a Personas con Discapacidad Física (CAMF) de Ferrol.
Dende o 15 de maio ata o 19 de xuño as alumnas realizan as prácticas na Residencia de persoas maiores de Laraxe (Grupo Geriatros) e o día 20 de xuño comezan a súa andadura práctica no Centro de Atención a Personas con Discapacidad Física (CAMF) de Ferrol.
O obxectivo deste itinerario formativo é dotar ao alumnado da suficiente competencia na atención a persoas con discapacidade física e/ou psíquica tanto en ámbitos institucionais como no propio domicilio aplicando as estratexias e os procedementos adecuados para manter e mellorar a súa autonomía persoal e as súas relacións co entorno
O proxecto do Concello de Ferrol “Ferrol punto de emprego II”, cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE), ten como obxectivo proporcionar aos beneficiarios unha cualificación profesional que lles permita acceder con mellores condicións de empregabilidade ao mercado laboral.