ABERTA a convocatoria do programa de subvencións para a zona Urban

Xoves, 21 de xuño de 2012
Programa de subvencións dirixido ao comercio, hostalaría e operadores do mercado da Magdalena situados nos Barrios da Magdalena, Canido e Ferrol Vello.

Obxecto: Programa de concesión de subvencións para o Comercio e a Hostalaría na zona URBAN Ferrol (Magdalena, Canido e Ferrol Vello).

Beneficiarios:
Persoas físicas ou xurídicas que acomentan a reforma ou modernización como propietarios ou titulares de dereito, usufrutuarios, arrendatarios ou por outros títulos xurídicos de igual natureza admisible en dereito, situados na zona Urban que cumpran os requirimentos establecidos nas bases.

Actuacións subvencionables:
  • Liña A: Mellora dos establecementos. Mellora de fachadas e escaparates, reformas interiores, colocación de rótulos, eliminación de barreiras arquitectónicas, adquisición de mobiliario e equipamento interior. Contía: Ata o 50% do gasto total subvencionable cun máximo de 6.000,00 €
  • Liña B: Creación de nova actividade. Mellora de fachadas e escaparates, reformas interiores, colocación de rótulos, eliminación de barreiras arquitectónicas, adquisición de mobiliario e equipamento interior. Contía: Ata o 50% do gasto total subvencionable cun máximo de 6.000,00 € ou 11.000,00 € se se crea alomenos un posto de traballo.
  • Liña C: Adquisición de mobiliario de terrazas. Adquisición de cadeiras, mesas, parasoles, estufas, cinceiros. Estes elementos de mobiliario deberán cumprir a normativa municipal establecida para terrazas no momento da súa adquisición. Contía: Ata o 60% do gasto total subvencionable cun máximo de 3.000,00€

Requirimentos xerais para as 3 liñas:

  • Poderán subvencionarse os honorarios de profesionais por redacción de proxecto, dirección de obra, coordinación de seguridade e saúde por unha contía máxima igual ao 4% do orzamento de execución material da obra incrementado nun importe fixo de 500,00€.
  • Tamén serán subvencionables os gastos do tratamento de residuos das obras.
  • Os investimentos non poden iniciarse con anterioridade á solicitude de axuda.
  • Os locais nos que se realice o investimento deberán manter o seu uso empresarial durante alomenos 5 anos.
  • O mobiliario e equipamento deberán permanecer no establecemento un período mínimo de 3 anos.

Compatibilidade: Estas axudas son compatibles con outras axudas da mesma natureza sempre que a suma dos importes concedidos non exceda os límites sinalados pola lexislación nacional ou comunitaria.

Prazo de solicitude: Dous meses dende o día seguinte á publicación destas bases no DOG (21/06/2012) 

Máis información: BOP núm. 111, de 13 de xuño de 2012 e o DOG 21 de xuño de 2012



Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego