Bonificacións nas licenzas de apertura para o fomento do emprego autónomo.

Mércores, 22 de outubro de 2008
O edil Ramón Veloso anuncia bonificacións nas licenzas de apertura para o 2009.

O Concello establecerá bonificacións nas taxas das licenzas de apertura para fomentar a actividade económica e a xeración de emprego. Especialmente, na zona de influencia do Plan Urban. Deste xeito e respecto a esta última, as novas empresas optarán a bonificacións en base á súa política de contratación indefinida de desempregados. No resto do termo municipal atenderáse ao fomento do autoemprego, un dos principais problemas da cidade.

Ligazón á modificación da ordenanza nº 12.


Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego