A formación dos traballadores, básica para as empresas do municipio de Ferrol.

Luns, 8 de febreiro de 2010
165 empresas participan no Panel de Empresas da Rede Local de Innovación de Ferrol

Segundo se desprende dos datos obtidas na primeira enquisa realizada no marco de Panel de Empresas da Rede Local de Innovación de Ferrol, o 60,6 % das empresas consultadas declaran que un dos seus obxectivos no corto prazo é mellorar a formación dos traballadores. Outros dos obxectivos compartidos por unha ampla porcentaxe de empresas, aínda que lonxe da formación dos traballadores, son introducir novos produtos e servizos no vindeiro ano (43,0 % das empresas), expandirse territorialmente e/ou captar novos clientes (37,6 %), e cooperar con outras empresas e/ou institucións (37,6 %).
Por outra banda, atopamos entre os obxectivos buscados por unha menor porcentaxe de empresas (menos do 5% en tódolos casos), a exportación, introducir internet no negocio, e ampliar as instalacións dispoñibles na actualidade. Outro obxectivo que se atoparía neste grupo (aínda que unha maior porcentaxe de empresas interesadas en el a curto prazo) é a introdución de novas tecnoloxías da produción, un dato relevante dada a importancia destas na produtividade, a xeración de valor engadido e a eficiencia dos procesos.


Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego