Seminario para a creación de empresas no Centro de Emprego en colaboración co Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A. (BIC Galicia) e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

Luns, 22 de marzo de 2010
O seminario terá unha duración de 3 horas e celebrarase o día 28 de abril en horario de mañá de 10:00 ás 13:00 horas no Centro de Emprego do Concello de Ferrol (R/Sagrada Familia, 56).

É gratuíto, e ten como obxectivo difundir como se xeran as ideas empresariais e romper os mitos sobre a figura do emprendedor amosando, a través de experiencias persoais de emprendedores, que calquera persoa con ganas e esforzo pode desenvolver un proxecto empresarial.
Nesta exposición práctica sobre a experiencia dun/ha emprendedor/a explicase cal é o historial desta persoa, os recursos dos que dispoñía, a orixe da súa idea empresarial, as motivacións que lle levaron a desenvolver o seu proxecto, as dificultades que tivo que superar e as ameazas que se avistan no seu sector ou mercado, así como os factores aos que se pode atribuír o éxito da súa empresa.

Como continuación a este seminario terá lugar no mes de maio, nos días 12, 19 e 26, un seminario de maduración de ideas empresariais. Esta formación de 15 horas, distribuídas ao longo de tres xornadas, combina tres grandes grupos de actividades:

Unha tarefa de xeración de ideas.
Unha tarefa de maduración de ideas para a súa transformación en proxectos empresariais.
Unha tarefa de avaliación da idea de negocio.

Aínda que esta formación é gratuíta establécese un límite de prazas. Calquera persoa interesada pode facer a inscrición no Centro de Emprego do Concello de Ferrol:

No teléfono: 981 94 41 95
Na dirección de correo electrónico: emprego@ferrol.es



Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego