|
|
Participantes do itinerario formativo “Instalador de enerxía solar térmica” inician as prácticas profesionais titorizadas
Mércores, 27 de xaneiro de 2010
Os 14 beneficiarios que participan na acción formativa Instalador de sistemas de enerxía solar e térmica de 710 horas de duración, iniciaron o día 12 de xaneiro o módulo de prácticas profesionais en diferentes empresas do sector da comarca.
As prácticas profesionais desta acción formativa teñen unha duración de 380 horas e o remate das mesmas está previsto para o vindeiro 30 de abril, un total de seis empresas do sector colaboran na realización deste módulo de prácticas: Electrorayma SL, Eduardo Méndez SL, Foncafer SL, Electro KZ SL, José Manuel Castro Real SL, Instalaciones San Sadurniño SL (INSSANSA)
Os módulos de práctica profesional titorizada desenvólvense nun entorno laboral real e permiten que os beneficiarios do proxecto complementen a formación específica recibida coa adquisición de habilidades e procedementos prácticos que lles permitan obter un nivel de profesionalidade adecuado ás necesidades do sector, ademais, se fixa outro obxectivo non menos importante, considerar as prácticas como un elemento que facilite a inserción laboral.
Este itinerario formativo está enmarcado no proxecto do Concello de Ferrol “Ferrol punto de emprego” (Convocatoria 2007 de axudas do FSE durante o periodo de intervención 2007-2013).
|
|