CAPELA DO TORRENTE BALLESTER

NOVAS NOITES é unha proposta innovadora para as noites dos xoves coa que a Capela do Centro Cultural Torrente Ballester se transforma nun café-concerto no que as mesas e cadeiras sustitúen ás filas de butacas. Xunto a unha improvisada barra de bar, o público poderá disfrutar dunha oferta variada e alternativa que, no mes de outubro, estará cargada de pop rock, música dos Beatles e danza oriental. Todos os concertos darán comezo ás 22 horas cun prezo de entrada de cinco euros. No caso de mercar o bono para cinco funcións o prezo se reduce ata os 3 euros por sesión. ¿Para mercar os tickets? No Punto de Información Cultural (PIC) do Teatro Jofre ou chamando ao teléfono 981. 944244. O día do concerto tamén se poderán adquirir no propio centro Torrente Ballester.
ESCENA FAMILIAR é un ciclo de programación escénica co que se pretende achegar aos máis pequenos á escena en compaña dos seus pais e nais. A iniciativa preséntase como un intento máis de inculcar a cultura aos rapaces desde idades tempranas de cara a que no futuro sexan consumidores dela. Así mesmo, a intención é que os nenos e nenas leven aos seus pais e nais ao teatro e que estes se impliquen nas actividades. Celébrase as primeiras fins de semana de cada mes.
O prezo das entradas é de 5 euros por neno/a ou pai/nai; 7 euros se vai un menor e un adulto e se a maiores asiste outro rapaz ou outro adulto cada un pagará dous euros.