COMO CHEGAR?
Por estrada
Punto de partida: Estamos a piques de entrar en Galicia. E para iso existen catro entradas principais en coche:
- Pola N-634 entramos por Ribadeo. É o acceso á Comunidade de todos os que veñen da parte norte da Península; a N-VI (Madrid- A Coruña), entramos por Pedrafita do Cebreiro e pasamos por Lugo antes de chegar á Coruña; N-525 (Zamora-Ourense-Vigo), vindo de Zamora entra en Galicia por Ourense e percorre toda a parte sur de Galicia ata chegar a Vigo. E a N-13 (Lisboa-Oporto-Vigo), a entrada dende Portugal realízase a través de Tui, enlazando posteriormente en Vigop coa AP-9 ou a N-525.
O camiño máis cómodo e rápido chegando a Vigo, Ourense, Santiago ou A Coruña discorre pola AP-9 (Autopista do Noroeste), xa que deixa ao visitante no mesmo corazón da cidade. Iso si, esta vía é de pago.
En avión
Ferrol non posúe aeroporto propio, pero pola súa proximidade á Coruña e Santiago de Compostela, o transporte aéreo é un servizo que tamén está ao alcance dos viaxeiros e viaxeiras con destino ou saída na cidade. No aeroporto de Lavacolla (Santiago de Compostela) operan numerosas compañías que ofrecen os seus voos a toda España e a un significativo número de destinos no estranxeiro. Para contactar: o teléfono de información xeral é o seguinte: 34-81-547500.
Dende Alvedro, na Coruña, operan tamén diversas liñas aéreas, que contan con máis dun cento de voos directos ás principais capitais españolas. O seu teléfono é o seguinte: 34-81-187200.
| Distancias en kilómetros |
Plano de Ferrol (Ver Plano) |
| A Coruña |
52 km. |
| Santiago |
95 km. |
| Lugo |
101 km. |
| Ourense |
176 km. |
| Pontevedra |
154 km. |
| Vigo |
188 km. | |
|