
|
| |  | Axenda cultural |
|
|
| |  | Normativa |
|
|
| |  | Recursos Humanos |
|
|
| |  | Trámites |
|
|
MANCOMUNIDADE
A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol constituíuse en xuño de 1971 con seis municipios: Ares, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón e Neda.
No ano 1977 adquiriu a súa formación actual coa adhesión de Valdoviño. O seu obxectivo prioritario é o de loitar polo desenvolvemento e pola promoción da comarca de Ferrolterra. O seu ámbito de actuación abarca sete dos once municipios da comarca de Ferrolterra, o que representa unha superficie de 310,3 quilómetros cadrados. |
| A mancomunidade conta cunha poboación de case 150.000 habitantes, o que a converte na cuarta concentración urbana de Galicia. Ten un carácter reivindicativo, pero o propósito de todas as alcaldías implicadas é loitar por crear servizos mancomunados que permitan ofrecerlles aos cidadáns máis servizos a un menor custo. Os seus estatutos, aprobados no ano 2000, relatan as competencias da mancomunidade, entre as que se atopan a limpeza e vixilancia das praias, o servizo contra incendios, o transporte de viaxeiros ou actividades en materia de Sanidade, Consumo e Servizos Sociais. Tamén se inclúen as tarefas da Policía Local e Protección Civil, as programacións culturais e deportivas e as referidas á igualdade para as mulleres. A ordenación e planificación urbanística, a promoción económica e o emprego, a recadación de impostos, así como o saneamento do abastecemento da auga potable e a xestión dos RSU e de inertes son outras das materias incluídas nos seus estatutos.
A revitalización da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol será un dos obxectivos do novo goberno municipal.
Mancomunidade de Concellos da comarca de Ferrol
Casa do Concello de Ferrol, (2º andar) Praza de Armas s/n C.P. 15402 Ferrol, A Coruña Teléfono: 981944260 Fax: 981945236
|
|