Concello - Organigrama municipal

1. Área de Alcaldía:

De carácter enunciativo:

Atribucións:

1.1.- Comunicación e relacións institucionais

1.2.- Contribucións e impostos; tasas e arbitrios e, en xeral, todo o relacionado cos ingresos municipais; servicio de inspección das rentas e exaccións; tesourería e recadación; inventario municipal de bens; administración, adquisición e alleamento de bens municipais; intervención, xestión presupostaria, presuposto e as súas modificacións; operacións de crédito e, en xeral, todo o relacionado coa Facenda Municipal.

1.3.- Atribucións en materia de contratación administrativa e privada tanto na súa preparación, adxudicación, efectos e extinción.

1.4.- Fondos Europeos e Novas Tecnoloxías.

1.5.- Competencias relacionadas co persoal funcionario, laboral e eventual, Regulamento de Funcionarios e bases para o ingreso na función pública municipal.

2.- Área de Participación, Seguridade e Tráfico, Emprego, Normalización Lingüística e Promoción Económica.

De carácter enunciativo:

Atribucións:

2.1.- Participación Cidadá, Comunicación, Normalización Lingüística. Estatística. Organización e Coordinación Municipal, distribución do Pazo Municipal, control de funcionamento interno

2.2.- Competencias en materia de Seguridade Cidadá; extinción de incendios; ordenación e regulación do tráfico; protección de persoas e bens; prevención de incendios e seguridade en lugares públicos, praias; protección civil; parque móvil.

2.3.- Atribucións en materia de emprego, recollendo todas as materias que regulen as condicións favorables e necesarias para favorecer a xeración de emprego.

2.4.- Promoción económica e industrial e promoción do comercio.

Estas atribucións serán levadas a cabo polo Concelleiro Delegado da Área de Participación, Seguridade e Tráfico, Emprego, Normalizacion Lingüística e Promoción Económica, don Álvaro Montes Celeiro.

3.- Área de Mocidade, Benestar Social, Igualdade e Muller

De carácter enunciativo:

Atribucións:

3.1.- En materias relativas a servicios sociais e de promoción e reinserción social, tales como axudas sociais, actividades de fomento e protección de menores, terceira idade e loita contra a drogadicción, dependencia, intervención social, vivendas sociais, oficina de desafiuzamentos.

3.2.- En materia de Muller e Igualdade.

3.3.- En materia de Inmigración e minorías Étnicas

3.4.- Competenias en materia de Mocidade.

Estas atribucións serán levadas a cabo pola Concelleira Delegada Titular da Área de Mocidade, Benestar Social, Igualdade e Muller, dona Sainza Ruíz Ferreño.

4.- Área de Obras, Vivenda, Rehabilitación e Medio Ambiente.

De carácter enunciativo:

Atribucións:

4.1.- Vivenda, rehabilitación, obras públicas en xeral.

4.2.- Conservación e mellora do Medio Ambiente con atención especial ó mantemento dos recursos naturais, o incremento da masa arbórea forestal e a preservación do litoral.

Estas atribucións serán levadas a cabo pola Concelleira Delegada Titular da Área de Obras, Vivenda, Rehabilitación e Medio Ambiente, dona Esther Leira Penabad.

5.- Área de Cultura e Educación, Universidade, Deportes, Turismo e Festas.

De carácter enunciativo:

Atribucións:

5.1.- Festivais e espectáculos públicos; actividades culturais e artísticas, museos, bibliotecas e Festas.

5.2.- Educación non universitaria, programas educativos e, en xeral, o servizo municipal de educación.

5.3.- Fomento e promoción de políticas que permitan a implantación de novas titulacións medias e superiores e, en xeral, desenvolvemento do Campus Universitario acorde coas necesidades da cidade.

Competencias en relación á educación universitaria.

5.4.- Educación física e actividades deportivas en xeral.

5.5.- Promoción de infraestructuras e actuacións municipais que faciliten o desenvolvemento turístico do Concello en todo o relativo á promoción turística de Ferrol e o seu contorno a todos os niveis.

Estas atribucións serán levadas a cabo polo Concelleiro Delegado Titular da Área Cultura e Educación, Universidade, Deportes, Turismo e Festas, don Jesús Basterrechea López.

6.- Área de Urbanismo e Mobilidade

De carácter enunciativo:

Atribucións:

6.1.- Planificación urbanística en todos os seus niveis; réxime do solo; ordenanzas de uso; intervención administrativa en obras particulares e, en xeral, todo o relacionado coa actividade urbanística municipal; obras de urbanización; planificación, xestión e execución de infraestructuras.

6.2.- Mobilidade que inclúe transporte urbano, interurbano, taxis e complementarios.

Estas atribucións serán levadas a cabo pola Concelleira Delegada Titular da Área de Urbanismo e Mobilidade, dona María de la Luz Fernández Lemos.

7.- Área de Servicios, Sanidade, Consumo, Mercados e Benestar Animal.

De carácter enunciativo:

Atribucións:

7.1.- Servicios establecidos coa competencia municipal e os que poidan establecerse no futuro, tales como alumeado público, limpeza, cemiterios, praias, parques e xardíns.

7.2.- Competencias en materia de augas e rede de sumidoiros incluíndose todas as relacións tanto de carácter xurídico como de funcionamento que teña o Concello coa Empresa Mixta de Augas.

7.3.- Mercados e Consumo.

7.4.- Competencias en materia de sanidade, salubridade e hixiene, control de alimentos e bebidas; control de potabilidade de augas, piscinas e fontes, servicios fúnebres; laboratorios; habitabilidade de vivendas e, en xeral, todo o relativa á sanidade veterinaria, de alimentos e bebidas.

7.5.- Benestar Animal.

Estas atribucións serán levadas a cabo polo Concelleiro Delegado Titular da Área Servicios, Sanidade, Consumo Mercados e Benestar Animal, Don Luís Miguel Victoria Gallego.

8.- Área de Patrimonio Histórico e Medio Rural.

De carácter enunciativo:

Atribucións:

8.1.- Conservación e recuperación do patrimonio. Patrimonio da humanidade.

8.2.- Promoción e fomento do medio rural.

Estas atribucións serán levadas a cabo pola Concelleira Delegada da Área de Patrimonio Histórico e Medio Rural, dona Rosa María de las Nieves Méndez Fonte.

2015 © Concello de Ferrol - Praza de Armas s/n - 15402 Ferrol
Teléfono: 981 944 000 - Email: informacion@ferrol.es - RSS
Versión en galego   Versión en castelán