A cidade - Como chegar

En tren

Estación de Tren de Ferrol
Avenida de Compostela, s/n
(+34) 902 432 343

Longo percorrido. Un tren diario directo (trenhotel) enlaza con Madrid. A través dun único transbordo accédese diariamente a Barcelona, Hendaia, e outros destinos españois de importancia.
(+34) 902 240 202 (Reservas)
www.renfe.es

Proximidades. Varios trens diarios conectan Ferrol con outros destinos turísticos das inmediacións como Pontedeume, Betanzos e A Coruña. Ademais, cun único transbordo (A Coruña), accédese con facilidade ao resto das principais cidades de Galicia: Santiago, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Vigo (con enlaces a Portugal) e Ourense.
(+34) 902 240 202 (Reservas)
www.renfe.es

Feve. O ferrocarril de vía estreita discorre polo norte de España, paralelo á costa do mar Cantábrico, unindo Ferrol con Bilbao.
(+34) 981 370 401
www.feve.es

Transcantábrico. Tren turístico de luxo que percorre o norte e noroeste de España, a “España Verde”, desde Donostia-San Sebastián, no País Vasco, ata Santiago de Compostela, pasando por Ferrol. Dispoñible para grupos baixo petición (máx. 52 pasax.).
www.transcantabrico.com

El Expreso de la Robla. Tren turístico de época con todas as comodidades dun moderno hotel, que percorre o norte de España, incluíndo a visita a Ferrol e a Costa Ártabra no itinerario chamado “Xacobeo”. Dispoñible para grupos baixo petición (mín. 27 pasax., máx. 54 pasax.).
www.elexpresodelarobla.com

Trenes Turísticos del Norte: Ferrol-Ortegal. Tren turístico que ofrece un itinerario dun día pola costa norte de Galicia. Inclúe: viaxe en tren, autocar de apoio para achegarse aos lugares máis recónditos, visitas programadas, comida e asistencia do persoal a bordo. Viaxes a medida para grupos baixo petición (mín. 40 pasax.).
www.trenesturisticosdelnorte.com

Por estrada

Autoestrada do Atlántico AP-9. Conecta Ferrol coa Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo, Tui e a
fronteira portuguesa.

Autovía Ferrol-Vilalba AG-64. Conecta Ferrol con Vilalba, onde enlaza coa A-8 e a A-6, con conexións á cornixa cantábrica e a Madrid respectivamente.

Autovía del Cantábrico AA-8. Conecta Galicia con Francia a través da costa cantábrica: Asturias, Cantabria e País Vasco. Enlaza con Ferrol en Vilalba, a través da Autovía Ferrol-Vilalba AG-64.

Autovía del Noroeste AA-6. Comunica Galicia co resto de España a través da provincia de Lugo (enlace con Ferrol a través da AP-9, nas inmediacións da Coruña, ou a través da autovía Ferrol-Vilalba AG-64).

Autovía Rías Baixas AA-52. Comunica Galicia co resto de España a través da provincia de Ourense (enlace con Ferrol a través da AP-9 en Vigo ou a través da AP-53/AG-53 en Santiago de Compostela).

En avión

O acceso aos tres aeroportos realízase cómodamente a través da autoestrada AP-9.
www.aena.es

Aeroporto A coruña LCG
[52 km - 36 min]
(+34) 981 187 200

Aeroporto Santiago de Compostela SCQ
[93 km - 1 h]
(+34) 981 547 500

Aeroporto Vigo VGO
[178 km - 1 h 48 min]
(+34) 986 268 200

En bus

Estación de Autobuses de Ferrol
Paseo da Estación, s/n

Rutas longa distancia
- Alsa. Conexións con Madrid, Xixón, Bilbao, Irún, Lugo, Ponferrada, Astorga, Benavente, Zamora, Salamanca, Cáceres, Sevilla, Cádiz, Alxeciras, Portugal, Alemaña, Bélxica, Francia e Suíza.
(+34) 902 42 22 42
(+34) 981 326 205
www.alsa.es

Destinos de Galicia
- Castromil-Monbus. Principais destinos: A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Cambados, O Grove, A Toxa, Noia, Muros, Fisterra, Betanzos, Ourense, Narón, Valdoviño, Cedeira.
(+34) 981 314 063
www.monbus.es

- Arriva Noroeste. Principais destinos: Pontedeume, Betanzos, A Coruña, Santiago de Compostela, Rías Baixas (Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira).
(+34) 981 324 751
www.arriva.es

Ver como chegar en Google Maps

Google Maps
2013 © Concello de Ferrol - Praza de Armas s/n - 15402 Ferrol
Teléfono: 981 944 000 - Email: info@ferrol.es - RSS
Versión en galego   Versión en castelán