| |
|

O fondo local contén aproximadamente 4.000 documentos
- Libros e folletos, programas de festas, memorias de entidades, planos, etc.
- Artigos de publicacións varias. Están introducidos no catálogo de Fondo Local, como rexistros bibliográficos independentes. Poden ser: artígos de revistas, determinados capítulos de monografías, comunicacións, actas de congresos, etc.
- Publicacións periódicas . Dispón dunha colección de 93 títulos de diarios e revistas publicadas desde 1866. Estanse a facer xestións para conseguir unha copia en calquera soporte de toda a produción hemerográfica local (1845-2005) que se encontra localizada en distintas bibliotecas españolas.
- Base de datos de prensa local: Dispón de referencias de noticias publicadas en prensa sobre Ferrol dende o ano 2002.
Se necesita información sobre este fondo aínda non introducido no catálogo en liña, acuda ao Servizo de Información Bibliográfica na 2ª planta ou pode utilizar o Servizo de información bibliográfica accesible desde esta Web.
Todo o fondo da Biblioteca Local está excluído do préstamo, a excepción dos exemplares non esgotados no mercado que se atopan na sala de préstamo nunha sección de fondo local prestable (FL) na 1ª planta da Biblioteca Central
|