|
|
|

O carné de lector é o documento que lle posibilita ao usuario o acceso a unha serie de servizos que ofrece a Biblioteca, entre eles o préstamo a domicilio, a utilización de Internet, préstamo en sala dalgúns fondos, etc.
O carné solicítase no mostrador da planta baixa da Biblioteca Central e nos mostradores das Bibliotecas Sucursais de Caranza e do Inferniño. O carné tamén pode conseguilo cumprimentando unha solicitude, cuxo impreso facilitarase no mostrador da planta baixa o, se o prefire, pode descargalo aquí.
- Requisitos para a súa obtención: presentación do DNI e unha foto de carné. Os menores de 14 anos deberán traer cuberta e asinada por un pai/nai, titor/a, unha autorización, cuxo impreso se lles facilitará no mostrador de control. Se o desexa pode descargalo aquí.
- As institucións poden obter o carné ; para isto precísase a presentación dunha solicitude coa sinatura e selo da Institución, os datos persoais do responsable do carné e a aprobación expresa da dirección do centro.
- Os investigadores deberán especificar o tema da súa investigación. Expediranse carnés de investigadores a aqueles usuarios que acrediten a súa condición documentalmente.
- Vixencia: o carné non caduca. Os cambios nos datos persoais deben ser comunicados á Biblioteca. En calquera caso, os datos se renovarán cada 5 anos no caso dos adultos e cada 3 nos nenos.
- Validez: o carné é válido para as tres bibliotecas municipais de Ferrol: Biblioteca Municipal Central, Biblioteca Municipal Caranza e Biblioteca Municipal Inferniño e para as Bibliotecas Públicas Nodais de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo.
Solicitude de carné de lector
|