Co carné da Biblioteca, poderá acceder aos recursos electrónicos da Rede de Bibliotecas de Galicia, gratuitamente, previa solicitude dun contrasinal no mostrador da Sala de Préstamo (1ª planta).

Que é Hemeroteca dixital Iconoce de Sarenet?

  •  Hemeroteca Dixital Iconoce de Sarenet :

    A Hemeroteca Dixital Iconoce de Sarenet é un servizo de noticias aparecidas en medios dixitais de todo o mundo: prensa, publicacións especializadas en economía, deporte, tecnoloxía..., blogs e confidenciais. Presenta dúas seccións:

    - "Noticias do día", en constante actualización para ofrecer a información máis recente. Inclúe, ademáis, enlaces de interese a publicacións periódicas de carácter lexislativo, información sobre o tempo ofrecida por MeteoGalicia e AEMET, así como o IBEX 35 entre outros índices económicos.

    - "Hemeroteca", permite a consulta de noticias retrospectivas e presenta dous tipos de búsqueda (rápida e avanzada), que poden acotarse por áreas xeográficas, seccións de prensa, periodos cronolóxicos, e medios concretos.

Para acceder a este recurso ten que introducir o número de usuario que aparece nos eu carné e seu contrasinal.

Entrar en Hemeroteca Dixital Iconoce

Que é E-Junior?

Enciclopedia dirixida aos rapaces de primaria e primeiro ciclo de secundaria, adecuada aos contidos curriculares que se desenvolven nestas etapas.

Para acceder a este recurso ten que introducir o número de usuario que aparece nos seu carné da biblioteca e o seu contrasinal.

Entrar en E-Junior

Qué é Gale Virtual Reference Library?

Acceso a obras de referencia en formato electrónico en español desde a plataforma Gale Virtual Reference Library do provedor de contidos Cengage Learning. Para acceder a estes recursos ten que introducir o número de usuario que aparece no seu carné da biblioteca e o seu contrasinal.

Entrar nos libros electrónicos Gale Virtual Reference Library

Qué é GaliciaLe e E-book Dicoruna?

Se é socio da Biblioteca, tamén pode darse de alta na plataformas de préstamo de libros electrónicos: Ebook-Dicoruna

Entrar en E-Book Dicoruna

Qué é Galiciana?

Recolle coleccións dixitais galegas de interese.

Entrar en Galiciana

Destacados