A biblioteca realiza un programa de formación de usuarios dirixido tanto ao público infantil e xuvenil como aos adultos:

  • Formación de usuarios

    Información sobre as salas e os servizos da Biblioteca, formación para a búsqueda de información e os catálogos informatizados, e para uso dos servizos multimedia, ofimática e acceso a Internet.
  • Visitas guiadas á Biblioteca destinadas a adultos
    • Xerais: información xeral sobre o funcionamento do servizo. 
    • Especializadas: información sobre a historia da Biblioteca Municipal de Ferrol, sobre o que  contén, o fondo máis antigo, etc.
  • Visitas escolares programadas

    Estas visitas están destinadas a grupos de escolares (infantil, primaria, secundaria ou bacharelato) nas que se lles amosan os diferentes recursos e servizos que ofrece a Biblioteca, ao tempo que se realizan actividades que serven como iniciación, familiarización e impulso no uso e goce destes. O obxectivo é espertar o gusto e interese pola lectura entre o público infantil e xuvenil e orixinar novos lectores. Para máis información, pode poñerse en contacto co persoal responsable das ditas visitas, mediante o correo electrónico biblioteca@ferrol.es, chamando polo teléfono ao 981 944 182 ou a través do formulario desta páxina nos servizos en liña.

 

Destacados