O carné de lector é o documento que lle posibilita ao usuario o acceso a unha serie de servizos que ofrece a biblioteca, entre eles o préstamo a domicilio, a utilización de Internet, préstamo en sala dalgúns fondos, etc.

O carné solicítase no mostrador da planta baixa da Biblioteca Central e no mostrador da Biblioteca Sucursal de Caranza. 

  • Requisitos para a súa obtención: presentación do DNI e un impreso de solicitude cuberto que lles facilitará no mostrador de información ou se o desexa pode descargalo aquí. Os menores de 14 anos deberán traer cuberta e asinada por un pai/nai, titor/a, a autorización, incluida no impreso de solicitude. Cómpre amosar o DNI ou pasaporte para recoller o carné.
  • As institucións poden obter o carné ; para isto débese achegar unha solicitude coa sinatura e selo da institución, os datos persoais do responsable do carné e a aprobación expresa da dirección do centro
  • Vixencia: o carné non caduca. Os cambios nos datos persoais deben ser comunicados á biblioteca. En calquera caso, os datos renovaranse cada cinco anos no caso dos adultos e cada tres nos nenos.

Solicitude de carné de lector

Destacados