A Biblioteca Municipal ofréceche a posibilidade de participar en clubs de lectura.

Que é un club de lectura?

Un club de lectura é un grupo de persoas que len ao mesmo tempo un libro concreto, para despois comentalo entre todos. Os libros, que proporciona a Biblioteca, lense na casa.

Pódese acudir ás reunións aínda que non se tivese tempo de ler todo o fragmento marcado e non hai que intervir forzosamente. Contará cun coordinador/a, coa finalidade  de axudar a interpretar lecturas, moderar coloquios, aconsellar títulos, etc.

A quen está dirixido?

Están especialmente pensados para persoas, con inquedanzas culturais, ganas de ler, pero tamén de facer amigos, saír coa escusa dunha lectura interesante. Ademáis deberán estar en posesión do carné de lector da Biblioteca e terán  prioridade ás persoas residentes en Ferrol.

Os obxectivos desta actividade son:

  • Fomentar o hábito da lectura e o diálogo
  • Crear un punto de encontro para os membros do club
  • Promocionar o uso da Biblioteca e dala a coñecer como equipamento cultural

Duración
As reunións desenvolveranse entre os meses de outubro e maio e terán unha periodicidade mensual e unha duración de hora e media cada sesión. Existirá unha lista de espera, polo que, se algún membro non asistise tres días ás reunións sen causa xustificada, quedaría excluído.

Ás veces faranse actividades complementarias: como ver películas baseadas nas novelas que se vaian lendo ou algunha similar.

Como se pode participar?

Se desexas compartir lecturas e as emocións que elas espertan, se estás interesado/a en participar nun club de lectura e tes o carné de lector, podes facer a inscrición na Biblioteca. Porémonos en contacto contigo para o primeiro encontro.

Destacados