O acceso á biblioteca é libre e gratuíto coa única excepción de que os menores de 9 anos deberán acceder á Sala Infantil acompañados dunha persoa adulta.

Os usuarios da biblioteca deberán estar en posesión do carné  de lector para a utilización dos servizos da biblioteca, agás para a consulta en sala dos fondos xerais.

Os usuarios deben respetar as normas habituais de comportamento nas bibliotecas como as seguintes: falar baixo; silenciar os teléfonos móbiles; non introducir bebidas nin comidas; non se permite reservar postos de lectura. A ausencia do posto de consulta por un espazo de tempo superior a 20 minutos dará dereito a outro usuario a apartar os materiais e a ocupar o posto. A Biblioteca non se encargará de controlar/xestionar estas ausencias; a Sala Infantil/Xuvenil é para uso exclusivo dos nenos e nenas ata 14 anos inclusive, e acompañantes.

Os usuarios que presenten comportamentos non axeitados serán sancionados, segundo o tipo de falta cometida, coa expulsión da biblioteca ou coa retirada, temporal ou definitiva, do carné de lector.

Tódalas salas están a disposición dos usuarios de luns a venres de 9.00 a 21.00 h. No verán tódolos servizos préstanse entre as 9.00 e as 14.00  e as 17.00 ás 21.00 h. na Biblioteca Central e entre as 9.00 e as 14.00 nas Bibliotecas Sucursais.

Destacados