O servizo de renovacións de libros en préstamo a través da web da Biblioteca permite que os libros que estén en préstamo e aínda permanezan dentro do plazo de 15 días se poidan prorrogar 15 días máis.

Pasos previos:

  • Solicite na biblioteca o seu número de identificación persoal, lle servirá como chave ou contrasinal.
  • Proporciónase no mostrador de información e préstamo.
  • Só se darán chaves aos posuidores do carné, previa presentación do mesmo. Unha vez que acceda ó servizo poderá modificar a contrasinal se o desexa.

Para facer efectiva a renovación fai falla seguir os pasos seguintes:

  • Entrar na opción Catálogos.
  • En identificación do usuario introdúcese o número de carné ou correo electrónico e o contrasinal.
  • Unha vez validados estes datos acceder Á miña Biblioteca.
  • Ábrese unha páxina cos datos dos exemplares prestados ao usuario.
  • Aqueles que se poidan renovar aparecen cun cadro de verificación que hai que marcar para escoller o que se desexa renovar. O lector sempre ten dereito a unha renovación, pero no caso de que o libro estea reservado por outro lector a renovación terá que facela por teléfono o presencialmente na Biblioteca.
  • Selecciónase o exemplar, púlsase o botón Renovar e aparecerá unha ventá de comprobación da renovación de préstamo efectuada.
  • Facendo clic sobre Aceptar finaliza o proceso e se volve ao catálogo.

Destacados