Condicións de uso

Estes postos de ofimática poden ser utilizados durante un tempo máximo de hora e media, e poderán reservarse con antelación.

As reservas poden facerse por teléfono (981 944 182) ou de forma presencial no mostrador de información da 1ª planta.

Os menores de 16 anos que queiran utilizar este servizo  deben ir acompañados dunha persoa adulta ou estar debidamente autorizados.

Servizo de impresións

Pódense gravar e imprimir os traballos realizados nestes PCs. A impresión realizarase a tráves da impresora situada na Sala. O usuario deberá controlar a impresión lanzada (máximo dez páxinas). As impresións serán gratuítas, e ainda que non se lles proporcionará papel aos usuarios, rógase, en beneficio de todos, que non se faga un uso abusivo do servizo. Se o desexa pode levar a información gravada nun USB.

A biblioteca non se fai responsable dos problemas que poidan xurdir na gravación dos datos, así como da perda de datos por posibles fallos no sistema.

Nota: A biblioteca resérvase a posibilidade de cambiar estas condicións sen previo aviso.

Destacados