A biblioteca dispón dun servizo público de acceso gratuíto a Internet, tanto para usuarios adultos como para infantís. O servizo está pensado para a procura de información con fins culturais, de investigación e de consulta en xeral. É importante ter en conta que en Internet algunhas informacións poden resultar erróneas ou incompletas; por este motivo a biblioteca anima os seus usuarios a contrastar a validez de todo aquilo que poida obterse a través da Rede.

Postos

Para dar servizo de acceso a Internet a biblioteca dispón de 47 ordenadores situados por todas as plantas do edificio: 2 na Sección Infantil, 14 na Sala Web da 1ª planta, 16 na Sala Web da 2ª planta e 16 na Aula Informática da 3ª planta.

Horario: de luns a venres de 09.00 a 20.45 horas.

Condicións xerais:

O usuario comprométese a respectar en todo momento a lexislación vixente en materia de propiedade intelectual e a facer uso adecuado do servizo, tendo sempre presente os principios que rexen a actividade da biblioteca pública.

A biblioteca non será responsable, en ningún caso, da información que puidesen recuperar ou á que puidesen acceder os usuarios a través dos postos de Internet.

Acceso

Para acceder aos ordenadores o usuario terá que facilitar o seu número de socio e solicitaráselle que mostre o seu carné.

Pódense facer reservas na propia biblioteca ou chamando ao teléfono 981 944 182. Materializaranse ás horas en punto e as medias, transcorridos 10 minutos sen ocupación a reserva quedará anulada e o posto poderá ocupalo outro usuario. En beneficio de todos, rógase que lle comuniquen ao persoal da biblioteca as anulacións de reservas.

Permítese unha consulta por día, independentemente do tempo de conexión, cun máximo de 90 minutos.

Nos ordenadores con reserva previa poden restrinxirse a unha consulta máis espazada no caso que exista concorrencia de solicitudes.

O acceso dos menores de 14 anos é sempre coa compaña dun adulto e coa autorización por escrito dos pais ou titores.

Tempos de conexión

90 minutos: nos 14 ordenadores da Sala Web 1ª  planta
90 minutos: nos 16 ordenadores da Sala Web da 2ª planta e da Aula informática da 3ª planta.
90 minutos: nos 2 ordenadores da planta baixa (Sección Infantil)

Prestacións:

  • Básicas:

    Navegación pola Web e utilización de todos os seus recursos, incluído o correo electrónico e excluídos os chats e as descargas de música e películas.

  • Impresión-gravación:

    A impresión realizarase a través da impresora situada na Sala. O usuario deberá controlar a impresión lanzada (máximo dez páxinas). As impresións serán gratuitas, e aínda que non se lles proporcionará papel aos usuarios, rógase, en beneficio de todos, non fagan un uso abusivo do servizo. Igualmente poderase volcar nun USB a información obtida.

Nota: A biblioteca resérvase a posibilidade de cambiar estas condicións sen previo aviso e non se fai responsable das posibles avarías ou caídas do sistema informático así como da velocidade de transmisión de datos.

Existe na Biblioteca unha rede wifi que permite o acceso a Internet de banda ancha coa posibilidade de conexión de ordenadores portátiles particulares.

Destacados