Este servizo está destinado ás bibliotecas, aos centros de documentación, ás institucións e ás entidades que o soliciten.

Normas:

  • O préstamo do orixinal é dun mes, non prorrogable.
  • Pódense solicitar fotocopias de artigos de revistas e dalgunha parte de libros, para uso de estudo e investigación respectando a Lei de propiedade intelectual.
  • Os libros non se poden sacar da biblioteca receptora, consultaranse na Sala de Lectura.

Exclúense do préstamo do orixinal (unicamente se facilitarán copias):

  • As obras publicadas con anterioridade a 1958 ou que formen parte de coleccións   especiais. 
  • As publicacións periódicas
  • Fondo local, esgotado no mercado e do que a biblioteca unicamente dispoña dun exemplar.
  • As obras de consulta e de referencia
  • Material audiovisual
  • E todas aquelas que pola súa especificidade así o determine a Dirección do centro

Así mesmo, desde a Biblioteca Municipal pódense solicitar documentos ao resto das bibliotecas públicas e municipais do Estado. Algúns destes documentos poden estar excluídos do préstamo, polo que se terán que consultar na biblioteca. Tramitaranse as solicitudes dos lectores con carné, unha vez localizada a biblioteca posuidora do exemplar desexado. Para facer uso deste servizo deben dirixirse ao mostrador de préstamo.

Préstamo intrabibliotecario.

A Biblioteca Municipal proporciona libros, CD e DVD das bibliotecas públicas galegas nodais da Coruña, Lugo, Pontevedra, Ourense, Santiago e Vigo mediante o servizo de préstamo intrabibliotecario.

Este servizo é gratuíto e os materiais recíbense entre 3 e 5 días despois da petición. Non obstante, a biblioteca non se fai responsable das posibles demoras. As peticións solícítanse no mostrador de préstamo, a onde poden dirixirse en caso de ter calquera problema ou dúbida. É necesario que o documento estea dispoñible no momento de facer a petición.

Cando o documento reservado chegue á Biblioteca avisarase o usuario co fin de que o pase a recoller nun prazo máximo de 7 días. Só se pode solicitar un (1) exemplar cada vez, agás excepcións.

Quedan excluídos do préstamo intrabibliotecario:

  • Fondo anterior a 1958
  • Documentos con reservas
  • Publicacións periódicas
  • Material delicado, raro, precioso ou en mal estado de conservación
  • Documentos que teña a propia biblioteca, agás lecturas escolares, diferentes edicións, prestados a exposicións, etc.
  • Calquera outro que decida excluír a biblioteca.

Destacados