• Por cada día de demora na devolución do préstamo corresponde un día de sanción sen poder utilizar o servizo de préstamo. Ademais, os días de sanción multiplicaranse polo número de materiais que se devolveron con demora.
  • Quen extravíe un libro ou outro material, deberá adquirir un novo exemplar do mesmo título, co obxecto de repoñelo na biblioteca. No caso de que o libro estea esgotado ou sexa moi difícil a súa adquisición, indemnizará a biblioteca.
  • Quen supere un prazo do tempo prolongado sen devolver os artigos prestados será dado de baixa como usuario do centro e estará suxeito ás accións legais que en dereito correspondan.

Destacados