Normas de préstamo:

  • Para utilizar este servizo é necesario ter o carné de lector. Para obtelo ten que presentar o carné de identidade nos mostradores das plantas baixa e primeira. Os nenos necesitan traer cuberta unha autorización do/a pai/nai ou titor/a, que se lle entrega no mostrador.
  • Préstamo a domicilio de cinco libros durante 21 días, coa posibilidade dunha prórroga máis de igual duración, sempre que non estea reservado por outro lector.
  • Préstamo a domicilio durante 7 días, de tres DVDs ou Blu-rays, tres CDs, tres CD-Roms  ou videoxogos e tres revistas, todos con posibilidade dunha prórroga de igual duración, sempre que non estea reservado.
  • Préstamo interbibliotecario e servizo de obtención de documentos: a biblioteca encárgase de proporcionar os materiais bibliográficos e documentais non existentes no seu fondo. O préstamo do orixinal é de 21 días prorrogables por un período de igual duración sempre que non estean reservados.

  • Préstamo institucional de lotes de libros destinados a escolas, institutos, academias e institucións diversas: préstanse treinta libros de adultos, treinta infantiles, diez DVDs ou Blu-rays, diez CDs, 10 CDRoms ou videoxogos por un prazo de 21 días prorrogables por dous períodos de igual duración.
Solicitude de Carné de Lector

Solicitude de Carné de Lector Entidades

Ver táboa

Destacados