Trátase dunha sala destinada á consulta de publicacións periódicas. Esta sección dispón de 46 postos de lectura, así como dun servizo de reprografía en réxime de autoservizo, co fin de que os usuarios poidan facer copias daqueles materiais que sexan do seu interese.

A través dela a biblioteca ofrécelle ós lectores o acceso libre á:

  • Prensa diaria local, rexional, nacional e internacional.

         Mantense a disposición dos usuarios os xornais correspondentes ó último mes, mentres que os números anteriores deberán ser solicitados no mostrador ó persoal da sala para a súa consulta .

  • Revistas de información xeral e especializada

        Os últimos números das revistas  están nos expositores de libre acceso da sala. Para a consulta dos números anteriores é necesario solicitalos ó persoal da sala.

        Tódalas publicacións periódicas recibidas na biblioteca consérvanse, como mínimo, durante un ano, mentres que as publicacións de carácter local son conservadas de forma permanente.

        A información de cada publicación periódica está accesible desde o catálogo de acceso público da biblioteca (OPAC).

       Algunhas publicacións préstanse a domicilio, un máximo de  dous exemplares durante 15 días. As publicacións excluídas de préstamo son o último número das revistas e a prensa diaria.

       A Hemeroteca conserva unhas coleccións de revistas semanarios, etc publicados desde 1837. Para más información pode dirixirse ao Servizo de Información Bibliográfica na 2ª planta.

  • Acceso a prensa diaria on line: El Pais (desde 1976); La Voz de Galicia (desde  2000)
  • Tamén pódense consultar as bases de datos de Lexislación e Jurisprudencia de Aranzadi Westlaw a través de Internet, o DOG desde 1995, o BOP desde 1998, a Gazeta de Madrid desde 1661 a 1967 e o BOE desde 1968, o Diario das Comunidades Europeas e moitos boletíns oficiais de provincias e diarios doutras Comunidades Autónomas a través de Internet, na 2ª planta.

Destacados