Acceso ao catálogo

Se prefire consultar só o catálogo da Biblioteca Central, prema o despregable e escolla B.M. Ferrol (Central)

Este catálogo contén as descricións de:

- Os libros do fondo dispoñible na Sala de Préstamo de adultos, do fondo dispoñible na Sala de Lectura e Referencia, do fondo de depósito e do fondo máis antigo (1800-1958).

- O fondo infantil/xuvenil que está formado por tódolos libros, revistas e materiais audiovisuais que están dipoñibles na seccion infantil e xuvenil da Biblioteca Municipal Central. Na actualidade contén máis de 13.000 exemplares. O fondo Infantil/Xuvenil das Bibliotecas de Caranza o do Inferniño pódese consultar nos seus propios catálogos.

- O fondo de Música e Imaxe conta con máis de  8.500 rexistros. Inclúe  os materiais audiovisuais (vídeos, discos compactos, cd-roms, etc.) que están a disposición dos usuarios na Biblioteca Central. Existe un fondo de cd-roms reservados soamente para a consulta, situado na Sala de Lectura-Consulta (2ª planta) e que tamén están incluídos no catálogo do Fondo Xeral. Os fondos audiovisuais e informáticos das bibliotecas sucursais pódense consultar nos seus propios catálogos.

- O fondo de tódalas publicacións periódicas: xornais, revistas, anuarios, etc; e as publicacións oficiais coas que conta a biblioteca. Consérvase pouco fondo de xornais, pero con todo mantéñense algunhas revistas de interese, publicadas desde 1837.

   A Hemeroteca contén 681 títulos de publicacións periódicas e oficiais, das que 200 aproximadamente son subscricións en curso. Estas últimas  están, na súa maior parte, dispoñibles para o préstamo a domicilio, agás o último número que só se poderá consultar na Hemeroteca. O fondo está en proceso de catalogación.
Se se desexa máis información sobre este fondo, pode utilizar o Servizo de Información Bibliográfica da Biblioteca accesible a través da web.

- Os artigos publicados na prensa sobre algúns temas de interese para Ferrol desde o ano 2002. Actualmente aínda ten poucas  referencias. Pódese buscar a información en calquera campo do rexistro (data, título, publicación, etc). Dispón tamén de palabras chave de materia que axudan a precisar a consulta. As áreas temáticas son:
 - Barrios
 - Asociacións veciñais 
 - Historia
 - Urbanismo
 - Turismo
 - Ordenación do territorio: municipio e comarca
 - Entidades e asociacións
 - Bibliotecas, museos e centros culturais
 - Espazos naturais
 - Empresas e industrias
 - Recuperación da ría
 - Infraestruturas viarias, os ferrocarrís e as obras públicas
 - Internet: o cable na cidade
 - Patrimonio arqueolóxico, arquitectónico e artístico
 - Os personaxes ferroláns que son noticia na cidade
 - Poboación: os datos e a distribución no territorio
 - Xestión de residuos
 - Emprego
 - Educación e ensino
 - Deportes

Destacados