O fondo local contén aproximadamente 4.000 documentos

  • Libros e folletos, programas de festas, memorias de entidades, planos, etc.
  • Artigos de publicacións varias. Están introducidos no catálogo de Fondo Local, como rexistros bibliográficos independentes. Poden ser artigos de revistas, determinados capítulos de monografías, comunicacións, actas de congresos, etc.
  • Publicacións periódicas . Dispón dunha colección de 93 títulos de diarios e revistas publicadas desde 1866. Estanse a facer  xestións para conseguir unha copia en calquera soporte de toda a produción hemerográfica local (1845-2005) que se encontra localizada  en distintas bibliotecas españolas.
  • Base de datos de prensa local: dispón de referencias de noticias publicadas en prensa sobre Ferrol dende o ano 2002.

Se necesita información sobre este fondo aínda non introducido no catálogo en liña, acuda ao Servizo de Información Bibliográfica na 2ª planta ou pode utilizar o Servizo de Información Bibliográfica accesible desde esta Web.

Todo o fondo da Biblioteca Local está excluído do préstamo, agás os exemplares non esgotados no mercado que se atopan na sala de préstamo nunha sección de fondo local prestable (FL) na 1ª planta da Biblioteca Central

Destacados