|
11 Febreiro
09:00 h - A arte de relacionarnos cos demais. Inscricións
Adulto - Inscrición previa
Inscrición no taller "A arte de relacionarnos cos demais: habilidades sociais, autoestima e xestión emocional". Os obxectivos do taller son: ampliar o catálogo de ferramentas sociais para unha mellor comunicación, resolución de conflitos e empatía ; sensibilizar sobre a importancia da xestión emocional como unha guía interna para unha maior calidade de vida ; fomentar a autoestima a través do autocoñecemento e valoración das propias calidades e as dos demais. As sesións terán lugar o 7, 14 e 20 de marzo, 4 e 16 de abril, e 2, 9, 16, 22 e 28 de maio, de 18.00 a 20.00 h. Coordinadora: Sabela Naranjo
|
|
25 Febreiro
09:00 h - A Hora do conto (para maiores de 36 meses): inscrición
Infantil - Inscrición previa
Inscrición presencial ou telefónica, a partir das 09.00 h, na sesión da Hora do Conto do 1 de marzo a cargo da Compañía Trinke-Trike. Para nenas/os maiores de 36 meses.
|
|
25 Febreiro
18:00 h - Aprender a ver cine IV: proxección de película
Todos os públicos - Entrada libre
Sesión do ciclo "Aprender a ver cine IV" na que se proxectará unha película. Coordinadora: Pilar Freire
|
|
26 Febreiro
18:30 h - Taller de teatro para adolescentes
Xuvenil - Inscrición previa
Sesión do taller de Teatro para rapaces de entre 12 e 16 anos. Coordinador: Agustín Bolaños. Obxectivo: O teatro pode xogar un papel importante no desenvolvemento persoal, tanto social como emocional, dos adolescentes, polo que este taller pode ofrecer aos participantes a oportunidade de fortalecer a súa autoconfianza, alimentar a súa creatividade, facer amigos, etc. Ademais, é unha perfecta maneira de enriquecer a educación en aspectos como no uso da linguaxe e a escritura.
|
|
27 Febreiro
18:00 h - Taller de escritura para adultos
Adulto - Inscrición previa
Curso práctico para coñecer trucos e claves da narrativa breve. Proporcionaranse ferramentas para compoñer textos de ficción. Os participantes escribirán relatos curtos que comentarán entre todos. Coordinadora: Luz María Leira Rivas.
|
|
28 Febreiro
19:00 h - Taller de historia de Ferrol
Todos os públicos - Entrada libre
A cargo de Manuela Santalla
|
|
1 Marzo
18:00 h - A Hora do conto (para maiores de 36 meses): Trinke-Trinke
Infantil - Inscrición previa
Sesión da Hora do Conto a cargo da compañía Trinke-Trinke. Para nenas/os maiores de 36 meses. Pódese inscribir, por teléfono ou presencialmente, a partir do luns 25 de febreiro ás 09.00 h.
|
|
4 Marzo
09:00 h - A Hora do bebé (12 a 24 meses): inscrición
Infantil - Inscrición previa
Inscrición presencial ou telefónica, a partir das 09.00 h, na sesión da Hora do bebé do 8 de marzo a cargo de Charo Pita. Para nenos/as de entre 12 e 24 meses.
|
|
4 Marzo
18:00 h - Club de Narrativa (Grupo dos luns)
Adulto - Inscrición previa
Sesión do club de narrativa na que comentarán a obra "Manual para mujeres de la limpieza" de Lucía Berlin. Coordinadora: Mª Isabel Veiga Torres
|
|
6 Marzo
18:00 h - Club de lectura positiva
Adulto - Inscrición previa
Sesión do club de lectura positiva na que comentarán a obra "El poder está dentro de ti" de Louise L. Hay. Coordinadora: Sabela Naranjo González.
|
|
7 Marzo
18:00 h - A arte de relacionarnos cos demais
Adulto - Inscrición previa
Sesión do taller "A arte de relacionarnos cos demais: habilidades sociais, autoestima e xestión emocional", a cargo de Sabela Naranjo
|
|
8 Marzo
18:00 h - A Hora do bebé (12-24 meses): Charo Pita
Infantil - Inscrición previa
Sesión da Hora do bebé a cargo de Charo Pita. Para nenos/as de entre 12 e 24 meses. Pódese inscribir, por teléfono ou presencialmente, a partir do luns 4 de marzo ás 09.00 h.
|
|
11 Marzo
18:00 h - Aprender a ver cine IV
Todos os públicos - Entrada libre
Sesión do ciclo "Aprender a ver cine IV". Coordinadora: Pilar Freire
|
|
12 Marzo
18:30 h - Taller de teatro para adolescentes
Xuvenil - Inscrición previa
Sesión do taller de Teatro para rapaces de entre 12 e 16 anos. Coordinador: Agustín Bolaños. Obxectivo: O teatro pode xogar un papel importante no desenvolvemento persoal, tanto social como emocional, dos adolescentes, polo que este taller pode ofrecer aos participantes a oportunidade de fortalecer a súa autoconfianza, alimentar a súa creatividade, facer amigos, etc. Ademais, é unha perfecta maneira de enriquecer a educación en aspectos como no uso da linguaxe e a escritura.
|
|
13 Marzo
18:00 h - Club de Narrativa (Grupo dos mércores)
Adulto - Inscrición previa
Sesión do club de narrativa na que comentarán o obra "La romana" de Alberto Moravia. Coordinadora: Mª Isabel Veiga Torres
|
|
14 Marzo
18:00 h - A arte de relacionarnos cos demais
Adulto - Inscrición previa
Sesión do taller "A arte de relacionarnos cos demais: habilidades sociais, autoestima e xestión emocional", a cargo de Sabela Naranjo
|
|
15 Marzo
19:00 h - Taller de lectura de relato curto
Adulto - Inscrición previa
Sesión do taller na que se traballará sobre un relato de Luis Mateo Díez. Coordinadora: Teresa Cameselle
|
|
18 Marzo
09:00 h - A Hora do bebé (24 a 36 meses): inscrición
Infantil - Inscrición previa
Inscrición presencial ou telefónica, a partir das 09.00 h, na sesión da Hora do bebé do 22 de marzo a cargo de Migallas Teatro. Para nenas/os de entre 24 e 36 meses.
|
|
18 Marzo
19:30 h - Club de Poesía
Todos os públicos - Entrada libre
Leranse poemas de Alberto Moman. Coordinador: Karlotti.
|
|
20 Marzo
18:00 h - A arte de relacionarnos cos demais
Adulto - Inscrición previa
Sesión do taller "A arte de relacionarnos cos demais: habilidades sociais, autoestima e xestión emocional", a cargo de Sabela Naranjo
|
|
21 Marzo
19:30 h - Imos Contar Ciencia: “Cambio climático e sostenibilidade ambiental”
Todos os públicos - Entrada libre
Conferencia titulada: “Cambio climático e sostenibilidade ambiental", a cargo de Mª Luz Macho Eiras, Subdirectora Xeral de Meteoroloxía. Coordinadora: María Violeta Miraz
|
|
22 Marzo
18:00 h - A Hora do bebé (24 a 36 meses): Migallas Teatro
Infantil - Inscrición previa
Sesión da Hora do bebé a cargo de Migallas Teatro. Para nenos/as de entre 24 e 36 meses. Pódese inscribir, por teléfono ou presencialmente, a partir do luns 18 de marzo ás 09.00 h.
|
|
25 Marzo
18:00 h - Aprender a ver cine IV: proxección de película
Todos os públicos - Entrada libre
Sesión do ciclo "Aprender a ver cine IV" na que se proxectará unha película. Coordinadora: Pilar Freire
|
|
|