|
Concello de Ferrol
Arquivo Municipal Praza de Armas, s/n. 2º 15402 Ferrol |
Horario de atención ó público
De luns a venres de 9:00 e 14:00 h. |
Tel.: 981.944.185
Fax: 981.945.173 arquivo@ferrol.es |
O Arquivo Municipal está constituído polo conxunto de documentos producidos e recibidos polo Concello de Ferrol ó longo do tempo, e que se conservan e organizan para poñelos ó servicio da propia Administración, dos cidadáns e da investigación. Está situado na Casa do Concello e o seu fondo documental abarca desde o século XVII ata a actualidade. Contén ademas dous pergameos medievais.
A extensión que ocupan actualmente os seus fondos é de preto de 2000 metros lineais de andeis, cantidade que se ve incrementada cada ano de forma notoria pola incorporación de novos documentos.
Esta documentación está instalada en catro depósitos, ubicados no edificio do Concello. Estes depósitos acollen 13000 unidades de instalación e 5600 libros.
|
|
|
|
Os documentos atópanse clasificados en catro grandes seccións: goberno, Administración, Servicios e Facenda. entre as series documentais que se conservan podemos destacar polo seu volume e polo seu interese para a cidadanía as seguintes:
O acceso ós documentos que se conservan no arquivo é un servicio gratuíto e libre, sen embargo existen documentos de consulta reservada para os titulares e os cidadáns que acrediten un interese lexítimo e directo. No Regulamento do Arquivo Municipal especifícase qué documentos están clasificados de acceso libre ou de acceso restrinxido.
Para acceder ós documentos é necesario presentar unha solicitude no Rexistro Xeral onde se expoñerá o motivo da consulta e se describirá o documento ou a información que se precisa.
Cadro de clasificación de fondos do arquivo
Acceso á base de datos do arquivo
Dirección: http://albala.cmg.xunta.es
Modo de acceso: Unha vez dentro da páxina, deberá picar en Mostrar archivos, onde aparecerá, entre outros, o Arquivo Municipal de Ferrol, preme no devandito Arquivo e despois pique no botón superior que pon Cadro de Clasificación de Fondos.