
|
| |  | Axenda cultural |
|
|
| |  | Normativa |
|
|
| |  | Recursos Humanos |
|
|
| |  | Trámites |
|
|
O Concello inicia o proceso para revocar o acordo de aprobación definitiva do Plan de Menáncara
Venres, 3 de agosto de 2007
O concelleiro Ángel Mato destaca que a intención do goberno municipal é preservar o entorno natural da fraga
O pleno do Concello de Ferrol aprobou esta mañá iniciar o procedemento de revisión de oficio de actos nulos de pleno dereito do acordo do 20 de abril de 2007, que estableceu a aprobación definitiva do Plan de Sectorización de Menáncara por silencio administrativo. A iniciativa saiu adiante cos votos a favor de PSOE, IU e BNG, a abstención do PP e o sufraxio contrario de IF (o seu portavoz, Juan Fernández, ausentouse da sesión durante o debate e votación).
O concelleiro de Planificación e coordinador da área de Urbanismo, Ángel Mato, asegurou que o goberno municipal adoptou esta decisión para dar cumprimento ao principio de legalidade que a Administración debe garantir. Destacou tamén o indudable valor ecolóxico da fraga, e lembrou as resolucións emitidas pola Consellería de Medio Ambiente que establecen a existencia de causas de nulidade de pleno dereito.
En concreto, Mato explicou que a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible –por resolución do 3 de xullo de 2007- resolveu requerir ao Concello de Ferrol a fin de que, no prazo dun mes, anule ou revoque o acordo de aprobación definitiva do plan, co fin de someter o referido instrumento urbanístico ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica esixida pola Lei 9/2006 de 28 de abril.
Xustificación ambiental
Neste senso, Ángel Mato tamén insistiu en que a extemporalidade dun informe non legaliza un feito que non é legal, como a carencia da correspondente avaliación de impacto ambiental.
En relación ao alto valor natural de Menáncara, Ángel Mato indicou que o río Sardiña resultaría perxudicado polas obras proxectadas; se eliminarían os bosquetes de ribeira, con especies de interese como os sauces ou os carballos; afectaría á fauna existente, que se despraza entre zonas coñecidas como Chao, Montes de Chamorro e Mandiá, e desencadenaríase un grave impacto paisaxístico.
Así as cousas, o edil sostivo que “neste momento non podemos deixar perder un patrimonio natural trascendental para nós”. E, a partir de ahí, asegurou con contundencia que: “Isto é o concluínte: o impacto directo e irreversible da actuación prevista na zona”. “Non pasemos por riba do verdadeiro problema de fondo, porque o Concello corre o risco de perder un espazo de indudable valor ecolóxico”, engadiu.
Nesta liña, o concelleiro sinalou que os informes internos solicitados á Oficial Maior e tamén os externos sinalan que a vía para revocar os acordos pasaría por levar a pleno a proposta que esta mañá se tratou. Sobre este punto se pronunciou o voceiro nacionalista, Xoán Xosé Pita, que lamentou que o equipo de goberno non plantexase directamente a revocación. O secretario municipal solicitou entón a palabra para aclarar que a non existía outra posibilidade legal máis que a tratada en pleno para chegar a ese obxectivo.
|
|