
|
| |  | Axenda cultural |
|
|
| |  | Normativa |
|
|
| |  | Recursos Humanos |
|
|
| |  | Trámites |
|
|
Mato avanza a intención do equipo de goberno de preservar a zona de Menáncara polo seu valor natural
Mércores, 1 de agosto de 2007
O edil explicou que levará a pleno iniciar a revisión de oficio do acordo que deu lugar á aprobración do plan de sectorización
O concelleiro de Planificación, xestión urbanística e infraestructuras, Ángel Mato, explicou hoxe que este venres, 3 de agosto, someteráse a votación do pleno iniciar o procedemento de revisión de oficio do acordo plenario polo que se aproba definitivamente o plan de sectorización de Menáncara. Unha cuestión tratada hoxe na comisión informativa de Urbanismo, que saiu adiante cos votos favorables de PSOE, IU e BNG; a abstención do PP e o sufraxio contrario de IF (o portavoz desta formación e integrante da comisión Juan Fernández ausentouse durante o debate e posterior votación). Nesta liña, Ángel Mato sinalou que a proposta que o equipo de goberno levará a pleno ampárase nos informes xurídicos tanto internos como externos dos que dispoñen.
Asemade, o coordinador municipal de Urbanismo subliñou que se iniciará así un proceso que, en opinión do goberno local, ten que rematar coa modificación puntual do Plan Xeral de Urbarnismo co fin de preservar a zona. Engadiu que mesmo está a valorar a posibilidade de protexer, dende o ámbito local primeiramente, ese entorno que é Menáncara. Unha protección, incidiu, que é perfectamente posible dentro das competencias municipais.
Ángel Mato apuntou que a anulación do plan de sectorización de Menáncara constituiu un compromiso ante a sociedade e, en relación a este asunto, sinalou que “poucas veces os gobernos nos atopamos na situación actual: a fase primixenia na tramitación e, polo tanto, na que aínda non se empezou a intervir no entorno”.
Acto seguido, o edil de Planificación xustificou a súa posición en relación a Menáncara explicando que, de levarse a cabo o plan citado, se produciría un impacto ambiental de nefastas consecuencias. Máis polo miúdo, indicou que o río Sardiña resultaría perxudicado polas obras proxectadas; se eliminarían os bosquetes de ribeira, con especies de interese como os sauces ou os carballos; afectaría á fauna existente, que se despraza entre zonas coñecidas como Chao, Montes de Chamorro e Mandiá, e desencadenaríase un grave impacto paisaxístico.
Así as cousas, o edil sostivo que “neste momento non podemos deixar perder un patrimonio natural trascendental para nós”. E, neste liña, sinalou que “iniciaremos o proceso para revocar os acordos plenarios porque non se respostou aos requerimentos que se fixeron por parte das distintas administracións intervintes no proceso de urbanización desa zona”. Ao respecto, lembrou os dous máis recentes asinados pola Consellería de Medio Ambiente e outro previo, firmado pola Dirección Xeral de Urbanismo, no que se demandaba documentación.
Máis protección
Para pechar este tema, Mato sinalou que Ferrol é a día de hoxe a primeira cidade de Galicia en superficie protexida, cun 18% (fronte á media da Comunidade do 14%), aínda que se atopa lonxe da media estatal. E, precisamente, ese será un dos obxectivos do actual equipo de goberno: chegar ao 24% de espazo protexido que marca a media nacional. Así, non descartou que os plans previstos para Menáncara se extendan a outras zonas do municipio, como os 12 kilómetros de litoral.
Por último, Ángel Mato avanzou outros dos temas tratados na comisión de Urbanismo. Así, entre eles, sinalou que se derán conta da situación do Bertón e do informe favorable da Xunta ao PEPRI da Magdalena; dos traballos relativos á Costa de Mella; da entrevista do edil de Obras coa conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, e da decisión de iniciar o procedemento para adxudicar de novo o servizo de lacería.
|
|