Navegación: Inicio Inicio 

A Concellería de Educación do Concello de Ferrol, xunto co Centro de Formación e Recursos do Profesorado de Ferrol, presentan, a través destas páxinas, unha serie de recursos a disposición doa cidadanía, e particularmente do profesorado e do estudantado, para coñecer mellor a nosa cidade.

Atoparanse galerías de imaxes, algunhas delas moi antigas, documentación histórica e catalogación dos edificios, costumes, etc, ampla bibliografía, enlaces, e un apartado dedicado a ensinanza cunha ferramenta de aprendizaxe nova.

Esperamos que gocen deste espazo aberto á cidadanía

Novidades
A WebQuest
Non deixes de consultar a sección "WebQuest". Nela atoparás unha actividade didáctica para facer en grupo, xunto co teu profesor, para coñecer a historia do barrio da Magdalena.