Espazo en branco  Skip Navigation Links
Skip Navigation Links.  

CALENDARIO FISCAL

A continuación ofrécese o calendario fiscal do Concello de Ferrol que lle permitirá coñecer os períodos de pago das taxas e tributos municipais aos que estea suxeito, así coma as datas de vencemento de cada obriga fiscal. O calendario tamén reflicte cando se lle realizarán os cargos correspondente na súa conta.

Primeiro - Conceptos e prazos de ingreso

Os ingresos a recadar son os pagamentos periódicos, correspondentes ao exercicio 2010 polos seguintes recursos:

Táboa completa (inclúe Mercados e Vivenda) Táboa Calendario Fiscal 2007

Segundo - Modalidade e lugar

Para o cobramento dos citados tributos o Concello remitirá ao enderezo dos contribuíntes un díptico co obxecto de que o seu importe sexa ingresado, no prazo voluntario indicado no cadro anterior, nas contas restrinxidas do Concello a través de calquera oficina das seguintes entidades colaboradoras, que admitirán ditos ingresos todos os días laborables para as mesmas durante as horas de caixa: Caixa Galicia, Caixanova, Banco Pastor, Banco Bilbao Vizcaya Argentaria (B.B.V.A.), Banco Santander S.A., Banco Español de Crédito, S.A. (BANESTO), Banco Caixa Geral, Banco Popular, Caja Madrid, La Caixa, Banco Gallego.

Os contribuíntes que teñan domiciliado o pagamento nunha entidade financeira, os recibos seranlles cargados na conta por eles indicada os días sinalados no cadro anterior.

As persoas que non reciban ou extravíen os dípticos mencionados poderán solicitar un duplicado nas OFICINAS DO IMFACOFE, sita na Casa do Concello, antes do remate do prazo indicado dado que a súa non recepción non exonera da obriga de pagamento nen impide a utilización da vía de constrinximento. Asemesmo poderán solicitar canta información precisen en horario de LUNS A VENRES, de 8:30 a 14:30 horas.

Advírteselle que transcorrido o prazo de ingreso, as débedas serán esixidas polo procedemento de constrinximento, logo de devenga-lo recargo de prema, xuros de mora e, no seu caso, as custas que se produzan.

Terceiro - Medios de impugnación

O presente CALENDARIO DO CONTRIBUINTE PARA O EXERCICIO 2010 é susceptible de impugnación na vía contencioso-administrativa por quenes sexan titulares de dereitos ou intereses lexítimos, sen que a interposición do recurso interrumpa a súa aplicación.

Cuarto - Posibilidade de modificación

Resérvase a esta Presidencia a facultade de modificar o presente calendario cando motivos de índole técnica, debidamente xustificados, impidan a xestión dos recursos económicos indicados nas datas sinaladas, informando de tal circunstancia ós cidadáns coa suficiente antelación.

Ferrol, 10 de decembro de 2009.

O Presidente,

Asdo.: Vicente Luis Irisarri Castro

 

 
Escudo do Concello de Ferrol Inicio | Mapa Web | Contacto | RSS
Concello de Ferrol - Praza de Armas, s/n. 15402 Ferrol
Teléfono: 981.944.000 Fax: 981.944.028 informacion@ferrol.es
¡CSS Válido!