CONCELLO

 

Luns, 20 de marzo de 2017

O GOBERNO LOCAL DESTINARÁ 900.000 EUROS AO MANTEMENTO DAS INFRAESTRUTURAS VIARIAS DO MUNICIPIO

A Xunta de Goberno Local aprobou o inicio do contrato para a roza de viarios e cunetas na zona rural e adxudicou a construción de 240 nichos en Catabois

Versión para imprimir Compartir:  Facebook  Tuenti  Twitter  Netlog  Yahoo!  Menéame  Delicious  Digg it!  MySpace

Imaxe da nova


Ferrol, 20 de marzo.- O Goberno de Ferrol destinará 900.000 euros (Ive incluído) ao mantemento das infraestruturas a través dun contrato de execución de obras para os anos 2017 (600.000) e 2018 (300.000). Foi un dos acordos adoptados este luns 20 na Xunta de Goberno Local, que remitiu a Unidade de Contratación a solicitude de inicio deste expediente.

O obxecto deste contrato é levar a cabo obras menores de mantemento, conservación e reparación nos espazos viarios públicos (fochancas... ) e de reposición na infraestrutura viaria que debe executar o Concello de Ferrol. A duración do contrato é dun ano prorrogable sen que poida exceder os dous.

A XGL tamén aprobou hoxe o inicio do expediente de contratación para a prestación do servizo de roza de viarios e limpeza de cunetas da zona rural, con procedemento aberto para dar resposta a unha demanda na que coinciden todas as entidades da zona rural e apurar os prazos acometelo o antes posible por un importe de 161.062,49 euros por ano, por un período de dos anos prorrogables outros dous, como máximo.

Tamén foi adxudicada hoxe a a construción de 240 nichos no cemiterio de Catabois a empresa Obras Reunidas SLU, cun orzamento de 82.274,09€ (sen IVE), que resposta a unha necesidade urxente de ampliación do camposanto ferrolán e o contrato para a adquisión dun vehículo de mando tipo Pick Up 4x4 para o parque de bombeiros de Ferrol, por un importe de 40.000 euros, que pasará a integrar o parque móbil do Concello.

Por último, e non menos importante, foi aprobada a adhesión do Concello de Ferrol ao convenio de colaboración entre o IVGS e a Federación Galega de Municipios e Provincias para o desenvolvemento do programa de Vivendas Baleiras no ámbito do Plan Galego de Rehabilitación, Algueiro e mellora do acceso a vivenda 2015-2020. De acordo aos últimos datos, o número de vivendas baleiras no Concello sitúase no en torno das 9.000.



Voltar
2015 © Concello de Ferrol - Praza de Armas s/n - 15402 Ferrol
Teléfono: 981 944 000 - Email: informacion@ferrol.es - RSS
Versión en galego   Versión en castelán