CONCELLO

 

Venres, 15 de abril de 2016

'VÍDEOCLIPS A ESGALLA', SÚMATE A NOVA APOSTA PARTICIPATIVA DA CONCELLEIRA DE CULTURA PARA COMBINAR MÚSICA LOCAL E CREACIÓN AUDIOVISUAL

Hoxe ábrese o prazo para que os interesados remitan os seus traballos nunha exhibición de talento audiovisual na promoción das bandas locais

Versión para imprimir Compartir:  Facebook  Tuenti  Twitter  Netlog  Yahoo!  Menéame  Delicious  Digg it!  MySpace

Imaxe da nova


 

Ferrol, 15 abril.- A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol ven de idear 'Videoclips a esgalla', unha nova proposta que combina o talento e a promoción musical a través da linguaxe audiovisual. ¿En que consiste? Basicamente, na gravación de vídeos musicais no entorno da comarca para dar a coñecer o bo facer das bandas, artistas e solistas locais como escaparate do talento da comarca.


Desde Cultura, o concelleiro Suso Basterrechea, que hoxe subliñaba o carácter innovador deste proxecto, facía un chamamento a todos os artistas e bandas do municipio e un pouco mais aló, ata abranguer toda comarca, para que participen nesta mostra onde se pretende dar a coñecer aos nosos talentos e ao mesmo tempo ser escaparate e punto de encontro dos diferentes creadores.


Todos os traballos remitidos culminarán nunhas xornadas de posta en común, creatividade e debate adicadas aos videoclips aportados. Unha vez recollidas as propostas audiovisuais, proxectaranse ao longo de catro semanas en diferentes espazos da cidade, combinando os pases coa música en directo, charlas e algunha pequena sorpresa.


Neste proxecto, explica Alberto Alonso, o seu impulsor, acéptanse pezas de tódalas décadas, aínda que a nosa intención e darlle maior protagonismo aos máis recentes traballos dos nosos músicos e realizadores.


¿Como participar? Tódolos interesados tedes ate o 15 de maio para facernos chegar os vosos traballos nun sobre pechado a “Concello de Ferrol - Negociado de Cultura - Praza de Armas s/n 15402 Ferrol (A Coruña)” indicando no mesmo “Vídeo Clips a Esgalla”, e acompañado dunha ficha técnica por cada un dos traballos, ficha que podedes solicitar escribindo a cultura@ferrol.es





Voltar
2015 © Concello de Ferrol - Praza de Armas s/n - 15402 Ferrol
Teléfono: 981 944 000 - Email: informacion@ferrol.es - RSS
Versión en galego   Versión en castelán