Espazo en branco 
Skip Navigation Links.  

Imaxe de portada

O pleno de Ferrol debate hoxe a aprobación definitiva do presuposto municipal para o exercicio de 2012

Xoves, 26 de xaneiro de 2012
O orzamento incorpora achegas por valor de 1,2 millóns de euros. O montante final do documento económico, coas novas incorporacións e a adaptación do IBI ao Real Decreto Lei do Goberno central, ascende a 52,1 millóns de euros. O orzamento inclúe catorce emendas socialistas que incrementan partidas sociais xa previstas, reforzando así o compromiso do alcalde da cidade, José Manuel Rey Varela, de blindar as políticas da área de Benestar. O grupo de goberno engade ás contas municipais de 2012 novas partidas para a nova Escola Infantil de Esteiro e a ampliación do cemiterio de Catabois. A sesión p

 

ADEMÁIS

Trala rescisión do contrato con Construcción Técnica GCM, o seguinte paso será que se acometan as obras de emerxencia na rúa Alonso López para despois sacar de novo a contratación a reurbanización deste viario e de Estrela. Os traballos na praza do Cruceiro retomaranse tan pronto como estea finalizado o expediente de cesión do contrato á firma Excavaciones La Milagrosa.

A Concellería de Deportes destinará 395.000 euros en dotar de vestiarios a Casa do Deporte, en Caranza, e no acondicionamento dun local para o club de kayak polo nos exteriores do estadio municipal da Malata.

Imaxe da nova
O nova edición do programa de ocio xuvenil do Concello de Ferrol desenvolverase nos meses de marzo, abril e maio. O edil Borja Carro avanzou que as actividades se estenderán ás tardes dos venres e sábado e non soamente en xornada de noite como sucedía até o de agora.


O Padroado Municipal de Deportes organiza este evento. Os participantes percorrerán once quilómetros, con saída ás 11.00 horas da praza de Armas e chegada ao mesmo lugar.

Os axentes municipais tamén socorreron a un motorista que sufriu un accidente no cruce da rúa Carme con Angustia.

Imaxe da nova
O prazo de presentación de proxectos é do 1 de febreiro ao 16 de marzo. O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, salienta que o obxectivo desta iniciativa é fomentar e apoiar o desenvolvemento de proxectos viables e que potencien a creación de novos postos de traballo na cidade. Seleccionaranse as tres mellores propostas, que recibirán a certificación de excelencia empresarial da entidade financeira e a colaboración desta para obter o financiamento necesario para o seu desenvolvemento.

Imaxe da nova
O acto tiña lugar onte no CGAC e contaba coa presenza do Secretario Xeral de Cultura, do edil delegado do Concello, do director do CGAC e da comisaria das exposicións. Un total de 80 obras da Colección CGAC reflexionarán sobre a influencia do cine na arte contemporánea e a introdución do humor nas prácticas artísticas en dúas exposicións: "Miradas cinematográficas. Colección CGAC" e "Pouco antes da tormenta convén un pouco de humor". Ámbalas dúas exposicións, comisariadas por Mónica Maneiro, presentarán obras de importantes artistas internacionais (Vito Acconci, Tracey Moffatt ou Teresa Hubbar

Imaxe da nova
A Comisión Informativa de Economía ditaminou sobre as alegacións presentadas ao documento económico que este xoves volverá a pleno para a súa aprobación definitiva. As suxestións aceptadas permitirán o incremento de partidas de carácter social, de acordo co compromiso adquirido dende o inicio do mandato polo actual executivo que preside Rey Varela. O grupo de goberno incorpora novas partidas para a adquisición de terreos para a ampliación do cemiterio ou a nova escola infantil de Esteiro, entre outras. O executivo que preside Jose Manuel Rey Varela mantén aberto o diálogo ao resto da oposición

O prazo de inscrición remata hoxe mércores, día 25. O Padroado Municipal de Deportes organiza esta actividade aberta tanto a clubs de atletismo como a colexios.

Imaxe da nova
O concerto forma parte da nova programación “Sons (s) do Jofre” da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol. Esgotadas as 556 localidades para asistir ao concerto da recoñecida artista, que presentará en Ferrol o seu novo traballo discográfico “Raskatriski”.

Imaxe da nova
O obxectivo é que o itinerario estea operativo en Semana Santa. Concello, empresarios, Navantia e Defensa traballan no deseño e posta en marcha da que será a primeira oferta de turismo industrial da cidade. Os visitantes poderán ver as modernas F-100, o dique da campá, o Museo Naval ou Exponav, entre outros “atractivos” do complexo naval e industrial da nosa ría. Jose Manuel Rey explicou que con este proxecto “pretendemos mostrar o maior tesouro que ten a nosa cidade. Un auténtico tesouro oculto que agora vai ver a luz”.

Imaxe da nova
O rexedor ferrolán sinalou que poñer en marcha unha profunda reorganización policial “é agora o novo reto deste goberno”.

Imaxe da nova
O acto tiña lugar onte pola tarde no Centro Cultural Torrente Ballester. Jose Manuel Rey felicitou aos autores desta obra, Carlos de Aracil y Juan José Burgoa, e sinalou a obriga das administracións públicas de “contribuír a evitar a desaparición” deste legado cultural.

Imaxe da nova
A Administración ferrolá inicia este procedemento atendendo ás queixas de usuarios e familias e aos informes feitos polos técnicos municipais.

A concelleira de Benestar Social, Rosa Martínez Beceiro, deu conta da memoria das traballadoras sociais municipais. Por zonas, os Ensanches, Catabois e Recimil, rexistran o maior número de actuacións cos distintos usuarios.

Cultura destina uns 27.000 euros a esta actuación. Ademais de melloras nos equipos de iluminación e son do teatro municipal, tamén se dotará ao Centro Cívico de Caranza dun pano.

Imaxe da nova
A campaña se estenderá até o vindeiro mes de abril. A concelleira de Benestar, Rosa Martinez Beceiro, explicou que o obxectivo é recoller a maior cantidade de tapóns para a súa venda e posterior reciclaxe. A administración local pon a disposición da cidadanía ferrolá cinco puntos de recollida: no pazo municipal, na Casa Solidaria, no Edificio Social, no Centro Cívico de Caranza e na Casa da Muller.

Imaxe da nova
A primeira sesión deste órgano consultivo e de participación, celebrada onte pola tarde, serviu para abordar este asunto. A Concellería de Educación tamén mantiña onte un encontro cos responsables dos Centros de Educación Infantil e Primaria da cidade.

As rondallas poderán apuntarse até o vindeiro 27 de xaneiro. A Comisión de Festas, dirixida pola concelleira Susana Martínez Galdós, vén de facer públicas as bases de participación na que é a festa musical ferrolá por excelencia. A subvención ás agrupacións invitadas neste ano cífrase en 1.000 euros.

A Comisión Informativa de Economía aborda a adecuación das ordenanzas fiscais ao Real Decreto 20/2011 de 30 de decembro. A medida afectará á totalidade dos inmobles non residenciais (13.660) e aos residenciais cuxo valor catastral estea por enriba de 34.500 euros (20.033). As arcas municipais recadarán de IBI 1,2 millóns de euros a maiores con esta medida de obrigado cumprimento.

 

FERROL EN FOTOS

Galería de fotos

 

IMPRESOS MÁIS DESCARGADOS

Modelo de solicitude xeral
  Rexistro
Certificado de empadroamento
  Estatística
Solicitude de licenza para obras menores
  Urbanismo
Inscrición ou mod. de datos no padrón
  Estatística
Solicitude de certificados urbanísticos
  Urbanismo

CAMPAÑA "TAPÓNS DE PLÁSTICO SOLIDARIOS"

CRISE CORNO ÁFRICA

Crise corno África
 

LEMBRA ESTAS DATAS Lembra estas datas RSS

Sábado, 28 de xaneiro de 2012

Rosario Flores en el Teatro Jofre
21.00 horas: Rosario Flores presenta o seu novo disco "Raskatriski"

Centro Torrente Ballester
Exposición Miradas Fotográficas. Colección CGAC

 

DESTACADOS

Rutas turísticas - Ferrol en femenino
Compartir coche
 

ACTIVIDADE MUNICIPAL

- Calendario municipal de comisións

- Resultados dos plenos

 

ENQUISA

Non hai enquisas dispoñibles

 

HEMEROTECA

 

NOVIDADES NA WEB

 
Escudo do Concello de Ferrol Inicio | Mapa Web | Contacto | RSS
Concello de Ferrol - Praza de Armas, s/n. 15402 Ferrol
Teléfono: 981.944.000 Fax: 981.944.028 informacion@ferrol.es
¡CSS Válido!